Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4. Acepcións. Cada acepción vai separada por unha barra oblicua e leva: 4.1. A categoría gramatical en galego 4.2. Un indicador semántico que a identifique, cando é pertinente 4.3. Os equivalentes en alemán 4.4. A categoría gramatical de cada equivalente en alemán 4.5. As constricións gramaticais en alemán. 5. A fraseoloxía relacionada coa entrada. 6. Cando é necesario, introdúcense observacións de distinto signo, sexan de carácter gramatical ou de carácter semántico. ? Seminario de Sociolingüística creado en 1990. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: 1. Publicación do vol. 1 da actualización do MSG Publicouse o primeiro volume da actualización do Mapa sociolingüístico de Galicia, referido ao estudo da lingua inicial e da competencia lingüística en Galicia: GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (dir.); M. RODRÍGUEZ NEIRA (coord.), et al.: Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. 2. Análise dos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG04) Realizáronse análises estatísticas univariantes, bivariantes e multivariantes sobre as variables referidas á lingua habitual, lingua da escrita, lingua da lectura e lingua interna. Ademais afondouse no cambio de lingua, nos usos lingüísticos na familia, nos usos lingüísticos na escola e no ámbito laboral. Elaboráronse gráficas, táboas de resultados e comentarios dos mesmos. Tamén se compararon os resultados obtidos no MSG04 cos do MSG92, co obxecto de analizar a evolución destas variables sociolingüísticas nesta duodécada. 3. Redacción do segundo volume do MSG04: Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Usos lingüísticos en Galicia Despois da análise e reflexión sobre estes datos procedeuse á redacción do segundo volume do MSG04: Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Usos lingüísticos en Galicia tendo en conta os datos e resultados máis significativos. 4. Creación, deseño e posta en rede dunha páxina web sobre a base de datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia do 1992 (MSG92) Deseñouse unha páxina web de consulta interactiva na que se pon á disposición de todos os internautas os datos do MSG92. Os usuarios poderán facer consultas dinámicas referidas a todos os aspectos estudados no MSG92.
277 Nº 369