BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
ción da información, a revisión no futuro, a edición electrónica e a súa posta en rede. Para isto elaborouse o software necesario, que permite: ? traballar na propia redacción do dicionario ? levar a cabo a súa actualización ? a visualización do lemas para a súa consulta en Internet Os pasos dados neste proxecto durante o ano 2007 foron: ? instalar o programa EDIC ? testar o seu funcionamento e adaptalo ás características específicas do dicionario da RAG ? comezouse a envorcar os datos do dicionario da Real Academia Galega a este sistema. O proceso de baleirado realizouse en varias fases: a) Nun primeiro momento procedeuse ao transvasamento das entradas redactadas ata o 31 de decembro de 2006. b) A segunda fase consistiu na depuración e corrección dos datos introducidos antes do ano 2007. c) A terceira fase consistiu na introdución neste sistema das entradas redactadas ata outubro do ano 2007, e na corrección das entradas xa incorporadas na etapa anterior, que sufriron algunha modificación no curso deste ano, como consecuencia de: nova distribución de acepcións, engádega dalgunha nova acepción, ou modificación dos sinónimos e antónimos como consecuencia da incorporación de novas entradas ou de novas acepcións. d) Neste momento continúase coa incorporación de novas entradas e novas acepcións. 3. O proxecto de Dicionario bilingüe galegoalemán a través da web: primeira fase. Comezouse a redacción e a posta en rede dun produto ?beta? provisional do dicionario bilingüe galegoalemán, redactado por un equipo dirixido polo catedrático da Universidade de Heidelberg Jens Ludtke. Comezouse pola redacción no sentido galegoalemán, de acordo cos seguintes criterios: a) En primeiro lugar procedeuse á selección de entradas que se ían redactar nesta primeira fase para a elaboración da versión beta, e que se irán incrementando en anos sucesivos. b) A estrutura básica de cada artigo lexicográfico, dependendo da súa natureza e características é a seguinte: 1. Lema ou entrada do artigo lexicográfico. 2. Superíndice, no caso de entradas homógrafas, para distinguilas. 3. Pronunciación, cando pode haber algunha dúbida pola existencia de grafemas que poden representar fonemas distintos (casos de e, o, x, etc.).
Nº 369 276