Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
c) Modificouse a redacción dunhas 950 acepcións para facelas máis precisas e máis naturais, tendo en conta a posibilidade que nos ofrece o poder dispoñer dun léxico máis variado, ao se incrementar o número de entradas e o número de acepcións de cada entrada. d) Produciuse unha redistribución de acepcións entre voces emparentadas ou entre variantes alotrópicas, que estaban mal asignadas. Por exemplo, na entrada padrón, con respecto á entrada patrón: padrón s.m. (f. padroa) 1. Persoa máis vella dunha familia. O padrón gozaba do respecto de todos os seus fillos. // m. 2. Lista oficial cos nomes dos habitantes dunha poboación. Se cambiamos de residencia, temos que darnos de baixa no padrón. 3. Modelo a partir do que se fan cousas semellantes. O xastre tomoulle as medidas e despois fíxolle o padrón do pantalón. 4. Aquilo que se toma como modelo para medir ou avaliar algo. Axustáronse todo o que puideron ás características do padrón para que os resultados fosen bos. 5. Planta na que se fai un enxerto. Unha maceira brava pode servir de padrón. SIN. portaenxertos. 6. Econ. Metal a partir do que se establece o valor dunha moeda. Padrón ouro. e) Actualizouse a indicación dos SINÓNIMOS, ANTÓNIMOS e FORMAS COMPLEMENTARIAS, de acordo coa incorporación de novas entradas, de novas acepcións, e tendo en conta a nova distribución de acepcións. Por ex.: paduán ana adx. 1. De modos rústicos, pouco refinado ou delicado. Ai, que paduán es, meu neniño! Tamén s. Non quero ver eses paduáns por aquí. SIN. badoco, paifoco, pailán, pailaroco, paiolo. 2. Que non é moi listo ou que non ten malicia. Non sei como anda con ese mozo tan paduán. Tamén s. Sodes uns paduáns e engánavos calquera. SIN. apaiolado, paiolo, papán, parvo, paspán. 3. Lacazán. Non te xuntes con ese paduán, que non fas nada en todo o día. f) Pasóuselle a un grupo de especialistas, para a súa revisión e corrección desde o punto de vista conceptual, un grupo de entradas de carácter científico e técnico. g) Espérase poder enviar o dicionario para a imprenta a finais do mes de marzo, unha vez rematada a revisión que se lle está dando, e despois de introducir as suxestións realizadas polos especialistas das palabras referidas a campos de especialidade. 2. Baleirado do Dicionario da Real Academia Galega ao programa EDIC A idea é transvasar os datos da nova edición do Dicionario da Real Academia Galega da que se falou anteriormente a unha base de datos, que facilite a estrutura
275
Nº 369