BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
A Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas á poetisa María Mariño Carou, nacida en Noia en 1907, cunha obra inspirada na tradición popular e de difícil acceso para o gran público. Foi pouco tempo á escola, xa que as dificultades económicas obrigaron a familia a trasladarse a Boiro, onde coñeceu ao que foi o seu marido, Roberto Posse, con quen se instalou en Parada do Courel en 1947. En 1963 editou o seu primeiro e único libro publicado en vida: Palabra no tempo, que foi prologado por Ramón Otero Pedrayo e ilustrado por Reimundo Patiño. Nesta época, María Mariño relacionouse con personaxes do mundo literario galego como Manuel María, Uxío Novoneyra, Domingo GarcíaSabell e Ramón Piñeiro, entre outros. Verba que comeza, a súa obra póstuma, mostra a angustia da poetisa ante a inminencia da morte, escribiu estes versos cando enfermou de leucemia. María Mariño morría en Parada do Courel en maio de 1967, só dous meses despois de finalizar o poemario. SECCIÓNS DA REAL ACADEMIA GALEGA I. Sección de Lingua: componse dos seguintes seminarios: ? Seminario de Lexicografía creado en 1983. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: 1. Dicionario da Real Academia Galega Neste período do ano 2007 realizáronse para a nova edición do Dicionario da Real Academia Galega os seguintes traballos: a) Introducíronse as variantes en ?bel de todos os adxectivos acabados en ?ble, para adaptar o traballo realizado ás distintas posibilidades que ofrece a actual normativa lingüística. Do tipo seguinte: abarcábel adx. (pl. abarcábeis) Abarcable. Este carballo ten o tronco tan fino que resulta facilmente abarcábel. A paisaxe é vasta, mais abarcábel desde o alto do monte. Penso que as tarefas que che encomendei seranche sen dúbida abarcábeis. accesíbel adx. (pl. accesíbeis) Accesible. O lugar por onde cruzaron non era moi accesíbel. A información da base de datos está organizada de maneira que sexa facilmente accesíbel. Estivo moi accesíbel con todos nós. Comeron un prato de prezo accesíbel. b) Ampliouse o número de acepcións dunhas 600 entradas para manter o paralelismo no tratamento coas entradas novas, e con outras entradas revisadas anteriormente.
Nº 369
274