BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
O 3 de setembro de 2007, D. Juan Manuel Pintos del Río doa, á Real Academia Galega, unha fotografía histórica de D. Manuel Pintos. O 12 de setembro de 2007, D. Ernesto López Naveiras, Presidente da Agrupación Instructiva de Caamouco doa, á Real Academia Galega, dous exemplares da revista Tenencia e 2 DVD co seguinte contido: Memorias dunha Vila. Porto de redes (19101958) Charlas ? Renovación Escola Galega Século XX ? Viveristas de La Habana. O 25 de outubro de 2007, D. Juan Jacobo Casal Pardo doa, á Real Academia Galega, un manuscrito orixinal de Manuel Murguía, formado por dezaoito páxinas. O 17 de decembro de 2007, Dna. María Casás Torres doa, á Real Academia Galega, varios libros dos autores rusos Leon Tolstoi e Fiódor Mijáilovich Dostoievski así como diverso material fotográfico e documental. PUBLICACIÓNS ? Martínez López, R. Contribucións norteamericás á historia da cultura medieval galega. A Coruña: RAG, 2007. Discurso de ingreso. ? González González, M. (dir.), MAPA sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: RAG, 2007.
Nº 369
292