Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
explicar tanto a formación das montañas como a súa erosión e, en xeral, boa parte dos cambios xeolóxicos. A Igrexa podía sentirse satisfeita de contar co apoio de científicos eminentes, coma o mencionado Cuvier, que poñían a súa sobranceira reputación ó servicio do dogma (Stokes, 1969). Sen embargo, as arremetidas dos teólogos non impediron que se fosen abrindo paso outras interpretacións no eido das ciencias da terra. Así, Benoît de Maillet (16561738) desenvolveu a súa teoría do ?transformismo? xeolóxico: prescindindo da actuación divina, facía recaer na acción da auga do mar todos os procesos de modificación da superficie terrestre; o mar inundaba periodicamente os continentes e logo a evaporación facía que as augas se fosen retirando lentamente ata configurar a fisiografía da codia terrestre. Pola súa banda, Georges Leclerc, conde de Buffon (17071788), a obra do cal foi amplamente difundida na España do Dezaoito a través das ?Sociedades Económicas de Amigos del País?, consideraba que os seis días da creación bíblica había que entendelos no senso de extensas ?épocas?; durante o terceiro deses períodos, as augas cubriron os continentes, retirándose na época seguinte. Como se sabe, tanto os episodios de inundacións planetarias coma os de retroceso dos mares son concepcións que podemos atopar en antigas cosmogonías e tradicións míticorelixiosas, tales como a civilización mesopotámica, determinadas culturas amerindias ou a propia Biblia xudeocristiana. Todas estas ideas xermolarían, décadas máis tarde, en autores coma James Hutton (17261797) e, sobre todo, Charles Lyell (17971875), máximos defensores do ?actualismouniformitarismo?: os procesos xeolóxicos e as leis naturais que operan na actualidade para modificar a codia terrestre actuaron da mesma maneira e coa mesma intensidade ó longo do tempo xeolóxico. Así, podemos atopar unha explicación verosímil ó pasado xeolóxico se examinamos os procesos que actúan no momento presente, sen necesidade de acudir a episodios sobrenaturais e milagreiros (Stokes, 1969). En realidade, o debate entre ?catastrofismo? e ?uniformitarismo? (Hallam, 1985) foi un enfrontamento entre relixión e ciencia, entre fe e razón. Na actualidade, téndese á unificación desas dúas correntes de pensamento. O que se trata é de conxugar a ?forza? suposta ó catastrofismo co ?tempo? atribuído ó uniformitarismo. Esta integración das catástrofes esporádicas e intensas cos procesos graduais e continuos, que recibiu a denominación de ?neocatastrofismo? (ou ?neouniformitarismo), vén xustificada por un feito contundente: ó longo da historia do noso planeta ocorreron diversos eventos catastróficos que tiveron unha influencia transcendental na evolución do modelado terrestre. Terremotos de alta intensidade, persistentes secas, desastrosas inundacións, impactos de asteroides ou cometas, erupcións volcánicas de gran poder destructor, entre outros exemplos, forman parte destes episodios que modificaron profundamente a superficie terrestre. Sarmiento, polo que se ve, tampouco andaba totalmente desencamiñado nesta ocasión.
177 Nº 363