BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
la Historia, procedentes da colección Salazar y Castro (ÍndiceSalazar, t. VIVII) e un á Real Academia Española (Cat.Mss.RAE, ms. 73).
3. CRONOLOXÍA O arco cronolóxico das dez cartas en galego abarca 23 anos, desde 1596 ata 1619, período en que se desenvolve boa parte do cursus militar, administrativo e político do seu destinatario, que en 1617 lle había valer a distinción como conde de Gondomar. En 1596, data de redacción de dúas das cartas que editamos (1596Gallo e 1596Obeso), don Diego está na casa patrucial de Gondomar e ocupa o cargo militar de cabo da xente de guerra do bispado de Tui. En 1598, data probable da carta que lle envía o seu sobriño Juan de Lanzós e Andrade (1598Lanzós), don Diego é correxedor de Toro, cargo para o que fora nomeado no ano anterior. En 1603, data das dúas cartas de Beatriz da Serra (1603Serra1, 1603Serra2), o señor de Vincios e Gondomar era xa correxedor de Valladolid, e nese mesmo ano concedéuselle a encomenda de Guadalerza (Granada) e mais o cargo de gobernador da vila de Baiona e bispado de Tui (Tobío 1974). De febreiro de 1604 é a carta que lle remite María de Moscoso e Sotomaior (1604Moscoso), cando don Diego está destinado en Galicia dando cabo á comisión que se lle encomendara en outubro de 1603, consistente na protección e descarga en Baiona de dúas naves portuguesas procedentes da India Oriental con cargamento valioso. O ano de 1605, en que escribe as súas dúas cartas o señor das Achas (1605Achas1, 1605Achas2), é un ano de mudanzas para Gondomar: no mes de abril, data da primeira delas, está a punto de dar por concluídas as súas funcións como correxedor de Valladolid, pois o 12 de novembro de 1604 foi nomeado para ese cargo Diego Gómez de Sandoval, fillo segundo de Lerma (Tobío 1974: 207), se ben o futuro conde de Gondomar seguirá exercendo ata maio de 1605; en setembro de 1605, data da segunda carta do señor das Achas, Gondomar, xa definitivamente cesado como correxedor, exerce o seu novo cargo, contador maior do Consejo de Hacienda en praza de supernumerario (Tobío 1974: 206), para o que fora nomeado en setembro de 1604. En agosto de 1619, data da derradeira carta, o xa conde Gondomar encóntrase en Madrid, de regreso da súa primeira embaixada en Inglaterra. A súa estadía en España durará ben menos do que el desexara, e en xaneiro de 1620 embarca de novo para Inglaterra.
4. OS CORRESPONDENTES Pola súa posición social os remitentes constitúen un mostrario representativo da sociedad da época, coa nobreza galega como grupo social mellor representado. O señor das Achas, que participou en accións militares relacionadas coa defensa das costas galegas fronte á piratería inglesa ou na descarga en Baiona das naves portuguesas Nossa Senhora da Conceição e São Roque cargadas con mercadorías das Indias OrienNº 365 256