Traballos de investigación e estudo
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
librería, que «es como de Príncipe y pocas debe haber que tengan tanto bueno? (Sánchez Cantón 1935: 44). Nese mesmo ano a biblioteca viuse arrequentada coa chegada dos libros e cartas que o conde tiña no seu pazo de Gondomar, e así llo comunica o seu bibliotecario Étienne Eussen:
Nous avons ouvert tous les coffres qui sont venus de Galicia et j'ay recogneu et conferé tous les livres? Le deux coffres de Cartas non sont venus parmy ceux cy, bien y a il deux autres, un de livres manuscrits e autre plein des habits lesquels nous n'avons pas bougez (RB II/2134, doc. 190).
Xunto cos libros, o conde de Gondomar dispuxo o que poderiamos denominar o seu arquivo persoal, que acolleu, entre outros papeis, a súa correspondencia privada. Este ocupou polo menos nove andeis da sala cuarta, segundo se desprende do «índice de los legajos de la sala quarta y razón de los papeles de varios pleitos que se han hallado en esta librería de la casa del Sol» (BNM ms. 19523, analizado en Andrés Escapa & Rodríguez Montederramo 1998: 40). Respecto ao traslado desta importante colección libraria e documental ao seu actual paradoiro, a Biblioteca do Palacio Real, sábese que o marqués de Malpica, José Antonio Ortiz de Salazar, o 30 de abril de 1806 entregou a librería ao comisionado real e administrador do Patrimonio Real en Valladolid, Francisco de Ulloa y Olmedilla. O interese do rei pola súa compra é anterior, datable polo menos en 1775, canda o inventario realizado por Diego de Arratia, administrador dos bens do marqués de Malpica, onde consta a carón da descrición de cada un dos libros a súa taxación en reais de vellón (Fernández de Córdoba & Cortijo Medina 1999: 324). Con todo, por diversos motivos, houbo dispersión dunha pequena parte desta biblioteca. Polo que toca ás cartas, sábese que en 1623 estaban encadernadas en 143 volumes, e así se recolle no ?Índice y Inventario de los libros que ay en la librería de don Diego...?, que nese ano remata o bibliotecario Enrique Teller:
Cartas de differentes personas escritas al señor don Diego Sarmiento de Acuña, que oy es conde de Gondomar y del Consejo de Estado y Guerra de su Majestad etc. Comiençan las cartas desde el año 1592 hasta el de 1620; son 143 volúmines (apud Manso Porto 1996: 175).
O núcleo principal deste monumental epistolario privado ?deixamos á marxe a correspondencia oficial conservada no Archivo General de Simancas?, arredor de 120 volumes, consérvase no Palacio Real, onde foi reencadernado a principios do século XIX en pasta española alterando a ordenación orixinal e poñendo escaso coidado no labor de guillotina, da que foron vítimas numerosas datacións e rúbricas. Un conxunto de doce volumes está hoxe depositado na Biblioteca Nacional, procedente da biblioteca de Pascual de Gayangos (Roca 1904: 6063); segundo anotación de man do polígrafo no primeiro deles, adquiriunos en 1852 por compra aos herdeiros de Francisco López de la Torre Ayllón y Gallo (Roca 1904: 60). Outros 16 volumes pasaron á Real Academia de
255 Nº 365