Medalla de Ouro de Galicia
a Manuel Murguía e á Librería Regional de Uxío Carré creou unha comisión que uniu os seus esforzos á que xa traballaba en La Habana. Esta conxunción de tarefas entre a Galicia interior e a Galicia emigrante desembocou na sesión inaugural de 30 de setembro de 1906, celebrada na cidade da Coruña. Iniciaba así a Real Academia Galega, con Manuel Murguía na súa presidencia e Emilia Pardo Bazán como presidenta de honra, un camiño que chega ata hoxe mesmo e que en diversos momentos da súa historia tivo como guías a Andrés Martínez Salazar, Eladio Rodríguez González, Manuel Lugrís Freire, Manuel Casás, Sebastián Martínez Risco, Domingos GarcíaSabell, Francisco Fernández del Riego e o seu actual presidente, Xosé Ramón Barreiro Fernández. Cen anos de historia dan para moito e, así, polo medio desa andaina altérnanse momentos de gran dinamismo, como o que a institución vive na actualidade, con outros de moi escasa presenza social e mesmo de cansina e escura supervivencia. Pero aínda en momentos moi difíciles da súa existencia, en momentos nos que incluso a razón de ser da Real Academia Galega parecía carente de horizontes e de futuro, a institución perviviu. E co impulso que lle proporcionou o galeguismo democrático, a Academia foi entrando tamén nun sixiloso pero firme proceso de renovación e de reactivación. Un dos primeiros e máis magníficos froitos desa renovación foi o apadriñamento por parte da Academia da celebración do Día das Letras Galegas, unha iniciativa xurdida do galeguismo cultural e político, da man dun grupo de persoas entre as que figuraba un futuro presidente da institución, don Francisco Fernández del Riego. A asunción do Día das Letras Galegas por parte dunha Academia que naquel ano de 1963 só estaba empezando a espertar do letargo no que a sumira a Ditadura, supuxo un paso de primeirísima importancia para que a institución comezase a desempeñar as funcións para as que fóra creada e para retomar un protagonismo do que levaba moito tempo ausente.
Nº 368
230