Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
rías? agrarias, clarexador das súas ideas sobre o poboamento rural e do seu concepto dunha economía baseada en explotacións familiares agrícolagandeiras, onde os oficios industriais só desempeñan un papel complementario e o comercio redúcese ós intercambios, ou mesmo trocos, imprescindibles para cubrir aquelas necesidades que a actividade productiva non sexa quen de satisfacer. Tamén expresa o seu deseño dun proceso de reordenación social, no que desaparecerían todas as clases intermediarias e os labregos pagarían a renda directamente ós seus señores. Un modelo, como vemos, limitadamente igualitarista, dado o seu recoñecemento do señorío feudal e a discriminación da muller no sistema hereditario (Barreiro, 1997; Dopico, 1978, 1997; González Beramendi, 1997). En numerosos aspectos o Padre Sarmiento permanece ancorado no pasado e en moitos outros mira anticipadamente cara ó futuro. Pero tamén é un observador atento, crítico e rigoroso da sociedade do seu tempo, sagacidade que utiliza para denunciar abertamente as miserias do país e os abusos de que son obxecto os grupos sociais menos favorecidos. O frade tan admirado por Azorín e Marañón viviu adiantándose ó seu presente e escribiu para si mesmo e para o futuro, deixándonos abondosas manifestacións da súa grande erudición, insaciable curiosidade intelectual e desbordante capacidade de traballo, calidades que puxo sempre ó servicio do coñecemento e progreso de Galicia. Unha patria da que el era perfecto coñecedor, tanto do seu territorio coma dos seus recursos, das súas xentes e dos seus problemas. Un país, en fin, que non merecía demasiada atención para o centralismo dos monarcas borbóns, pero si para o humano, intuitivo e realista monxe benedictino que, rozando ás veces a acusación panfletaria, preferiu escribir para nós e non para eles (Pensado, 1978, 1994, 1995). REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Allegue, P. (2001): Martín Sarmiento, un intelectual ilustrado. Vigo, Xerais. Anes, G. (1969): Economía e «Ilustración» en la España del siglo XVIII. Barcelona, Ariel. Anes, G. (1975): El Antiguo Régimen: los Borbones. Madrid, Alianza. Anes, G. (1997): Agricultura y ganadería en la España del Padre Sarmiento. En: AA.VV., O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (16951995). Tomo I: Historia e ciencias sociais. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela, pp. 5360. Barreiro Barreiro, X. L. (1997): Martín Sarmiento, na insuficiencia da Ilustración. En: AA.VV., O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (16951995). Tomo I: Historia e ciencias sociais. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela, pp. 115144. Capel, H. (1981): Los diccionarios geográficos de la Ilustración española. GeoCrítica, 31, pp. 349. Capel, H. (1982): Geografía y matemáticas en la España del siglo XVIII. Barcelona, Oikostau. Capel, H. (1988): Geografía y cartografía. En: M. Sellés, J. L. Peset e A. Lafuente (comps.), Carlos III y la ciencia de la Ilustración. Madrid, Alianza, pp. 99126. Capel, H. (1989): Historia de la ciencia e historia de las disciplinas científicas. Objetivos y bifurcaciones de un programa de investigación sobre historia de la geografía. GeoCrítica, 84, pp. 765.
187
Nº 363