BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
moitos anos despois, seguirán sendo sinal inequívoco de progresismo e innovación no eido educativo. Conclusión Frei Martín Sarmiento concilia na súa senlleira personalidade unha rara mestura de arcaísmo e novidade, de tradición e modernidade, de dogmatismo católico e racionalismo ilustrado. Non debe perderse de vista que o noso personaxe era, ante todo, un home relixioso, de maneira que toda a súa vida xiraba arredor dun obxectivo central: o crecemento espiritual e a obediencia á súa orde. Non é posible penetrar na complexidade, e mesmo nas contradiccións, do seu pensamento sen considerar a súa sólida vocación relixiosa, forxada desde os seus anos máis tenros, que impulsou unha fecunda traxectoria vital e intelectual. Aínda que estaba dotado dunha intelixencia privilexiada, a tenacidade da súa fe impulsábao a acatar modestamente as verdades reveladas. Deste xeito, e ó igual que no caso doutros pensadores do Setecentos hispano (?cristianismo ilustrado?), no monxe bieito tampouco hai oposición entre ciencia e crenza; simplemente, a realidade material e a espiritual móvense en esferas diferentes pero entrelazadas, de maneira que a primeira pódese converter nun vieiro para chegar á segunda (Dopico, 1997). Sarmiento amosa un perfil conservador cando bota de menos a función social que a Igrexa cumpría antes de que unha serie de grupos sociais oportunistas se aproveitasen da crise do feudalismo para alterar a estabilidade da sociedade estamental (Dopico, 1997). Esta actitude con respecto ó Antigo Réxime ou feudalismo desenvolvido, amosándose partidario dun proceso de reseñorialización, permítenos considerar a Frei Martín como un ?refeudalizante utópico? (González Beramendi, 1997). Nun ambiente intelectual no que se proclama a superioridade da ciencia, a súa fe acrisolada non se deixa crebar polo máis mínimo asomo de ambigüidade relixiosa, ó tempo que a herdanza do pasado agroma tamén na intolerancia e xenofobia propias da rancia España imperial, manifestada na súa intransixencia cara ós xudeus, árabes e protestantes. Sen embargo, boa parte das preguntas incluídas no Plano de un nuevo y fácil método para formar una general descripción geográfica de España y la América teñen absoluta vixencia aínda hoxe e constitúen a base dos diccionarios xeográficos ou do traballo de campo propio doutras ciencias sociais (antropoloxía, etnografía, etc.). Da mesma maneira, a descrición de Galicia que propón no Problema Chorográfico para describir a Galicia con un Nuevo Método é un agudo precedente das descricións xeográficas seguindo as cuncas dos ríos. Desde idéntica perspectiva de modernidade, Sarmiento propón un ensino baseado exclusivamente nas ciencias físicas e naturais e vehiculado na lingua materna en vez do latín. E, por suposto, descartando os castigos, en particular os de tipo físico, como procedemento para corrixir deficiencias na aprendizaxe ou conductas inapropiadas nos escolares. Apréciase, así mesmo, un ideal sarmentiano utópico, que desborda o marco utilitarista do pensamento ilustrado. Podemos albiscalo no seu proxecto de colonias ou ?casaNº 363 186