BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
actividades de campo complétanse con traballos doutro tipo, por exemplo o Corpus de epigrafía romana da provincia de Ourense19, e, sobre todo, os estudos históricos e artísticos de varios monumentos prerrománicos, sobre o que recolleu información con vistas a un traballo, ?El prerrománico en la provincia de Ourense?, que chega mesmo a anunciar na entrevista citada de 196520 e que debería completar coa documentación reunida sobre os restos dos outros monumentos da mesma época de toda Galicia e que, por diversas causas, foi adiando sen que chegase a completalo. Temos aquí delimitado o noso campo, a súa idea do traballo arqueolóxico e a relación das súas intervencións, vexamos agora, nunha aproximación analítica, o resultado do seu esforzo e a significación da súa contribución nalgunhas intervencións concretas. Na relación anterior citada aparecen traballos de xuventude, que podemos considerar propiamente da etapa de formación, velaí os traballos nas necrópoles de sepultura planas de Calvos de Randín, ou na dolménica de Maus de Salas, que terán os seus resultados nas páxinas de Vila de Calvos de Randín21, que publica con Cuevillas en 1930, na que será modelo dunha manchea de iniciativas semellantes no Seminario de Estudos Galegos, ou os traballos nos castros de Baroña22 e Borneiro23, onde participa ás ordes de Sebastián GonzálezGarcía Paz como estudante da Facultade de Letras e membro do Seminario, ou os propios de Troña24, que fai con Cuevillas en 1935 proseguindo as anteriores intervencións de Pericot, nas que non sabemos se tamén chegou a participar25. Nos tempos de conflito suspendéronse as actividades arqueolóxicas de campo, máis aínda no caso que nos ocupa, xa que don Xaquín resultou ferido e como consecuencia ficou como mutilado de guerra. Emporiso, non esqueceu o traballo arqueolóxico, e no ano 1938 publica con don Florentino, un artigo na Revista de Guimaraes sobre o territorio dos ?quarquernos?26. Xa nos comezos da década dos corenta, dálle pulo á escavación no castro de Cameixa, proxectada conxuntamente con Cuevillas, quen non pode acudir por mor das súas doenzas. Os seus resultados presentáronlles unha realidade diferente da cultura castrexa ata entón considerada ?a elaborada por Cuevillas na súa ?Edade do Ferro na Galicia?, complementada polas descubertas de Santa Trega, ou os xa citados de Baroña, Borneiro e Troña?, xa que foi posible observar a superposición de diversos niveis ocupacionais, con construcións diversas e materiais con variacións definidas27, e alí coñecerá o final da Segunda Guerra Mundial como tempo logo recordará28. Os seus traballos tiveron unha duración limitada, desenvolvéronse en dúas campañas (anos 1944 e 1945) e permitiron, nas sondaxes realizadas, a definición de ata cinco niveis ocupacionais coas súas estruturas defensivas (murallas) e habitacionais (construcións, fogares) e as capas de destrución correspondentes. Dos traballos deuse unha primeira aproximación escrita en colaboración entre Cuevillas e Lorenzo na Revista de Guimaraes29, pero xa antes se dera algunha referencia nun traballo de conxunto no que se analiza a arquitectura dos castros e a súa problemática,
Nº 365 60