Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
E se ben é certo que algo quedou das culturas precélticas, foi axiña asimilado polos portadores do ferro, que souberon darlle a súa tónica e incorporalo a súa organización Hoxe, cando se investiga no xeito de ser dos homes do noso campo, sorprende atopar aspectos que somentes teñen senso cando se poñen en paralelo con outros semellantes da Edade do ferro, na que teñen a súa orixe. Compre non esquecer que se Cuevillas adicou os seus azos á época céltica de un xeito especial, foi porque comprendeu a importancia que pra nós tiña; mais a Edade do Ferro tampouco ten senso prescindindo dos tempos máis lonxanos e así foi ampriando o seu campo de traballo ate abranguer dende o paleolítico á chegada do Roma a Galicia. E comprendeu moi axiña que moitos feitos prehistóricos pódense acrarar co estudo dos actuás, esi coma istes atopan a súa comprensión na comparanza cos dos vellos tempos. Xunguiu así os estudos de istes dous lindeiros estremos e creou antre nós o tipo de prehisotriadoretnográfo que, con máis ou menos fortuna, predomina antre os que tiveron a honra de seren os seus discípulos e seguidores.12
Sitúase, deste xeito, don Xaquín nun contexto preciso, o que lle corresponde por idade e historia, dentro dos homes do Seminario, seguidores da Xeración Nós, á que define con parámetros diferentes aos que habitualmente serven aos autores que fan historiografía da arqueoloxía13. Estes, loxicamente, encádrano, como seguidor de Cuevillas e sen prestarlle demasiada atención particular, no ámbito da arqueoloxía nacionalista que considera o estudo da historia do país como un xeito de reafirmar a identidade, xa que o pasado era empregado como un instrumento para comprender e explicar o presente14 e tamén, en ocasións para construír o futuro, xa que para moitos a arqueoloxía subministraba razoamentos históricos ao feito diferencial galego e os arqueólogos do Seminario ?tentaban aportar hipóteses científicas para cimentar o nacionalismo?15. Das actuacións que levou adiante, contamos, nunha entrevista de 1965, cunha relación dos traballos de campo, onde enumera: ?necrópole de sepultura planas de Calvos de Randín, necrópole dolménica de Maus de Salas, castro de Borneiro, castro de Baroña, castro de Troña, castro de Cameixa, castro de San Cibrán de Las, castro de Castrelo de Val, castro de Brués, castro de Santa Cristina, estación celtoromana de Laias, vila romana de Abelenda das Penas, necrópole medieval de Ribadavia, castro de San Cristovo, igrexa prerrománica de Santa María de Mixós, dolmens de Esgueva e necrópole dolménica de Entrimo?16, aos que deberemos engadir despois desta data os traballos que realiza en Castromao ou a recuperación dun dos dolmens de Maus de Salas. E de todas elas hai referentes precisos, non sempre moi extensos, sobre todo porque en moitas casos as intervencións foron de corta duración e moitas teñen máis carácter de sondaxes exploratorias que propiamente intervencións en extensión, como xa tivemos ocasión de explicitar17. De todas, ou case todas, se conservan minuciosas anotacións do traballo realizado, documentación fotográfica propia ou allea, e nos máis dos casos informacións publicadas directamente por el, noutros polos seus compañeiros e colaboradores, e só contados dos que non se teñen publicado apenas informacións18. As súas
59 Nº 365