Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Por estas páxinas sabemos algo moi sorprendente: que Isidoro Millán ?helenista de oficio, non se esqueza? non colaborou, de ningunha maneira, nas paráfrases do grego. Interesa, non pouco, das noticias de Isidoro Millán a que nos presenta a Ramón Cabanillas, neno de menos de 13 anos, exercendo o oficio de ?lector? na casa de dona Celestina Padín Torrado, tía bisavoa do noso informador. Nese exercicio interiorizou moitos textos casteláns, sobre todo as Lendas de Zorrilla, lecturas estas non alleas ?creo? a certos poemas narrativos do noso escritor. Volvéndomos ós clásicos, estas páxinas de Isidoro Millán indúcennos a pensar que, antes de 1936, os dous grandes Ramóns da Ría de Arousa ?Cabanillas e ValleInclán? algunha vez departían sobre os vellos poetas de Roma, polo menos, sobre Horacio, de quen o autor de Tirano Banderas recitaba un famoso epodo no galego de José García Mosquera. Pola miña parte, falecido Isidoro Millán, era unha obriga (cos eruditos das nosas Letras) publicalas cartas do insigne helenista e as traduccións inéditas das que me fixo albacea. Coa publicación destes inéditos, temos unha idea menos incompleta de Isidoro Millán como traductor, e coa publicación da resposta ó meu Inquérito e outras páxinas epistolares entenderemos mellor, moito mellor, a dimensión de Ramón Cabanillas como ?traductor? dos clásicos gregos e latinos. Despois destas páxinas, cómpre volver a Versos de alleas terras e de tempos idos (1955), versos nos que don Ramón Cabanillas sempre é poeta, tantas veces excelente poeta. Hai, sen dúbida, aquí e alí, infidelidades ó texto orixinal, pero Cabanillas nunca renuncia á poesía. Díxoo moi ben, pouco despois da publicación do libro, nunha revista especializada, Evphrosyne, o profesor F. Rebelo Gonçalves:
Não desejo, contudo, insistir em pormenores de estrutura poética, nem sequer versar a questão da maior ou menor fidelidade aos originais transpostos, e prefiro aterme ao real valor das composições de Cabanillas como obras de poesia. Este, sim, é valor bem patente e incontestável. O poeta galego, poeta desde sempre na verdadeira acepção do termo, mais uma vez mostra que o é neste gracioso feixe de carmes, onde a cada passo se descobre fina sensibilidade, inspiração delicada e, com particular nitidez, uma noção estética apuradíssima das possibilidades líricas do idioma galego20.
NOTAS
1 Para este e outros datos, dispoño do opúsculo mecanografado de catorce folios que me proporcionou a viúva, dona Rosina Otero Abalo. Titúlase Currículo. Méritos. Publicaciones de..., que citaremos desde agora, abreviándoo, Currículo. 2 Eu titulei a correspondente necrolóxica ?Loito na Lingüística indoeuropea?, La Voz de Galicia, A Coruña, 1612003. Homenaxe a Martín Codax, ed. de X. Alonso Montero, Vigo, Colexio Universitario de Vigo, 1983, p. 60.
3
247
Nº 362