Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
3.3. MÁIS SOBRE A RELACIÓN, VERBO DOS CLÁSICOS, ENTRE RAMÓN CABANILLAS E ISIDORO MILLÁN En carta posterior (2181996), Millán farame esta precisión:
... repara que o que avivou nel o relembro e o sabor do latín, e unha a modo de nostalxia dos autores clásicos, que libara nas antoloxías escolares do Seminario, foi ? debo decilo, pois é certísimo? o trato conmigo naqueles anos. Como tiña unha captación rauda da linguaxe en textos que nunca saudara, algúns de Horacio, é de pensar que noutra ?circunstancia? vital ?remito a Ortega!?, tería acometido a versión dun bo feixe de poemas de Horacio. Aconteceu, ora ben, que foi Marcial, do que pedira en préstimo o tomo da edición da CUF, despois de lidas en mancomún varias das súas pezas, o que tirou del, de momento, pola limpideza do estilo, a agudeza do inxenio epigramático, e o mesmo desenfado de hampón e, tamén, polos asomos de tenrura esporádica que trasparece nalgúns dos seus versos, vgr. na lauda da nena Erotión... (Prudencio foi outro favorito). Tronzo aquí a resposta que me levaría un tempo pra miúdas reconsideracións, do que non dispoño.
É nesta carta onde Isidoro Millán, ó meu pedido, fai unha valoración da traducción galega das Odas de Horacio, feita por Aquilino Iglesia Alvariño en 1951 (Carmina, Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos). É esta:
Lin con moito interese, cando saíu, o libro de Aquilino. Revolvín onte e mais hoxe a balumba libresca dos banzos da miña biblioteca na súa precura. Non dou con el. Quería ?recomprobar? ou ?puntualizar? ou ?depoñer? hoxe a impresión xeral que me causou daquela. O residuo desta apreciación era, así o recordo, que Aquilino ?ruralizaba? moito, no seu paso ó galego, a lingua e a visión de Horacio, quen, por mais que viviu anos da nenez na aldea, non o fixo ?entrañado? no seu ambiente e na súa fala, coma o fillo dun labrego, que non o era o pai, e mais ben que da rustiqueza das xentes, e dos costumes, e dos ditos e traballos, é un gozoso contemplador da beleza da paisaxe, con refinada sensibilidade e forza de captación da Natureza. Era un fino poeta, dono complacido dunha villa no campo, e capaz de sentilo, mais non un campesiño. Este é o toque que, daquela, me deu a pensar que, acó e acolá, se ?enxebrizaba? de máis o vehículo idiomático, digámolo así. Vólvoche dicir que estou agora incerto se esta impresión remanente da lectura dos Carmina de Aquilino, agora non contrastada, é correcta e fiel. Podo estar moi equivocado.
Eu xa lle suxería unha apreciación destas características, apreciación que desenvolvo, in extenso, nun recente traballo meu19. Nel non ando cos miramentos que Millán adopta nesta páxina evocativa. Nese estudio afirmo, claramente, que a diferencia entre Horacio e Aquilino é a que hai entre a toga e a coroza. Case coas mesmas palabras o proclama o traductor galego no inicio do seu prólogo: ?O que me guiou a desvestir a Horacio da súa vella toga airosa pra levalo polas nosas corredoiras...?. Hai un texto moi significativo de Isidoro Millán, xa mencionado, o ?Discurso no Día das Letras Galegas? (Grial, 1, 1963), no que o autor, no transo de gabala fala do país, lembra e cita versos do ?Canto a Roma?, poema do que non refire, por obvio, o autor. Millán cita, entre outros, os catro versos que fan referencia ó gran herdo que Roma deixou entre nós:
245 Nº 364