BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
íntegro, a Imitatio Christi e un oracional moi completo. Retívoo moito tempo utilizándoo normalmente como libro de lectura e de piedade. Non encontraba dificultades de comprensión neste nivel de lingua.
VI
P. ? Sexa pouco ou moito o seu latín, ¿cal é a túa colaboración nas ?paráfrases? de 1955? ¿Recollo con precisión a declaración que, verbo disto, me fixeches hai dous anos? (O texto no que recollía esa declaración era: ?... os poemas latinos ?a maior parte de Marcial? foron traducidos, primeiramente, ó castelán por Isidoro Millán, e, sobre esta traducción, pero co texto latino diante, traballou Cabanillas, quen ?insísteme o profesor Millán? posuía unha estimable pericia en latín?)18. R. ? Queda definido no que che declarei hai anos e no que deixo escrito en qué consistiu. Quizais se deba agora recalcar que, a calquera traducción miña, escrita, ó castelán precedía, por regra xeral, unha lectura en alto do texto latino, con algunha paráfrase verbal intercalada, seguidas por Ramón. Así coñecera xa, poño por caso, o Filemón e Baucis denantes de me pedir, dende Samos, unha versión escrita.
VII
P. ? Na túa opinión, a poesía de Ramón Cabanillas, ¿que lle debe ás musas clásicas? R. ? Pra dar resposta fundada habería que facer análise, por miúdo, da súa producción literaria antes e despois do rencontro con eles, directamente traducidos. A ?pegada? da retórica e do latín seminarísticos en algún modo, por leve que se pense, ten que se deixar sentir no seu primeiro período creativo (19131930). A dos poetas clásicos, e da lingua e estilo, naturalmente, desque se enfrontara xa vello coa versión dos seus poemas: de Camiños no tempo (1949) a Samos (1958). Lonxe do meu intento adentrarme nesta análise.
VIII
P. ? Calquera dato, noticia ou observación que sirva para enriquecelo tema ?Cabanillas e os clásicos?. R. ? Venme á memoria, e val a pena deixar aquí a noticia, aínda que allea ó tema concreto do inquérito, unha anécdota entre varias que me contou de don Ramón del ValleInclán, de quen era frecuente contertulio na Granja del Henar. Díxolle unha vez, recitando grande parte dela, que non había traducción de Horacio que superase á do Beatus ille por García Mosquera. E poñía énfase recitativo e reiterativo, calificándoo de inmellorable, no lonxe de barafundas (= procul negotiis). Tiña toda a razón do mundo. Con acertos deste tipo se emparellan non poucos das versións de Ramón Cabanillas (vgr. nos epigramas de Marcial, I, 42 e 44). Ninguén fixera a menor referencia a esta devoción literaria de ValleInclán, moi pouco interesado, polo que se sabe, nas Letras galegas. Realmente case asombra que coñecera a traducción galega do famosísimo epodo segundo de Horacio e tamén nos sorprende que recitase de memoria unha boa parte dos seus versos. ¡Moito lle tiña que gustala traducción de José García Mosquera, de 1868! Deste xeito, ValleInclán amósasenos como un admirador máis desta versión galega, gabada por moitos durante máis dun século.
Nº 364 244