BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
duce a Virxilio nin a Horacio? ¿quizais porque xa o fixeran, respectivamente, Avelino Gómez Ledo e Aquilino Iglesia Alvariño? R. ? Cómpre ter en conta que cando entrou Ramón no Seminario, ós 12 ou 13 anos, rapaz de pronta e viva intelixencia, levaba xa no ánimo o tirón pola poesía castelá, sobreposto a unha boa formación na escola. Cáseque desque rompeu a ler, moi noviño, ?exercera? de lector, en voz alta, na casa dunha tía bisaboa miña, dona Celestina Padín Torrado. As Lendas de Zorrilla era prato forte desta función, que practicaba na comida e tertulia familiar, baixo das voces de mando de dona Celestina, que era unha señorona de carácter rexo: ?¡Más tono!?. A devoción polos poetas latinos, ó emprender os estudios do Seminario, veulle, transferida e continuada, da que se acendera nel polos poetas e poesías casteláns. Mais este fervor por Horacio, Virxilio, Ovidio, un chisco menor do que lle merecían os santos, non significa que, no dominio da lingua latina clásica e dos requintes da alta poesía, tivese chegado a penetrar, en catro anos de Seminario, no recóndito dos seus segredos. Coñecía estes poetas, traducira poemas soltos e pedazos deles das antoloxías escolares e, con desperta sensibilidade pra canto fose beleza poética e verbal, concebira verdadeiramente o entusiasmo de que fala. Con todo, non chegou no Seminario a un coñecemento tan fondo do latín que o facultase pra lelos, pasando os anos, sen algúns atrancos e lagoas léxicas. Desto, xustamente, é do que el se doía moito de vello, cando volveu gostalos nos poemas íntegros que, nos vrans, de 1947 a 1951, líamos man a man, na nosa casa de Cambados. En latín, por de contado. A gradación ?Horacio, Virxilio, Ovidio? non envolve aquí valor preferencial; é enumerativa, sen máis. Inda que comentamos ás veces poemas dos tres, non me lembro de que fixéramos nunca comparanza de méritos. Venme agora á memoria a lectura, cando compuxo o Canto a Roma12, de sáficos de Horacio, e, noutra ocasión, da IV Égloga13. Ramón estaba convencido de ser moi conveniente ó galego, como lingua, e ós nosos poetas, como medio óptimo de adestrarse enriquecendo as propias dotes, a traducción de grandes autores. Ora ben, el nunca se propuxera, nin se meteu a este labor, por causa dun acordo xa tomado ou baixo dun programa sistemático. Foi por un motivo circunstancial, como direi abaixo, polo que se decidiu a elo, vertendo algúns epigramas de Marcial. O feito de que don Avelino Gómez Ledo tivese publicado as Églogas (1930) ou Aquilino preparase daquela a dos Carmina (ed. 1951), non penso eu que, noutro xogo de circunstancias, o retraíse de trasladar algunha xeórxica ou poemas soltos de Horacio. (A vez na que coñecín, e única en que falei con Gómez Ledo, que era bo amigo seu, foi xustamente en Cambados). Sobre os seus coñecementos de latín cómpre ter en conta a declaración ?quizais moi modesta? que fai a Carballo Calero en carta do 8 de novembro de 1954: ?Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun santo abade, moi enfermiño e falangueiro, que me daba máis mazás que leuciós, na lindeira parroquia de Corvillón. Antre o 89 e o 93 paseei os craustros de San Martiño Pinario, de onde salín cun revoltixo na cachola de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofía, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío...?14.
IV
P. ? Arredor de 1950, ¿está moi interesado por Marcial, de feito o poeta latino máis presente no libro de 1955? ¿Por que Marcial? (Sobre Marcial algo adiantara na carta a Fernández del Riego de 1948: ?Marcial trúxome a primeira inquedade mesturando co 'urbicus poeta', no epigrama XLI do libro I, un cambalacheiro do Transtíber, un taberneiro de mala morte e un sinvergoña mestre de bailes de Cais?).
Nº 364
242