Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
las de distintos engarces. Contestoume, a todo, o 4.VIII.1950: ?Querido Isidoro: Recibí tu cariñosa carta: encantado con tu solución, a ella se ajustará la traducción de Prudencio. Empleé 'rolantes', de 'rolar', porque me parece más eufónico, menos duro y más vago que 'rodar'... Tengo algo hecho de Filemón y Baucis, que me resulta difícil por los consonantes y la forma estrófica que adopté?. (Embargáballe o máis do tempo por estes días a composición do libro de Samos). Coido que deixo aducidos per longum et latum textos que documentan o íntimo desexo e esforzo de Ramón por axustar, no contido, as versións do latín a unha pauta como a que arriba expliquei, de ?paráfrase restrinxida?, a moito conceder. No valor máis común do termo, non lles era aplicable o de ?paráfrases?, nin llelo aplicaba el, ás devanditas versións.
II
P.? ¿Estás de acordo cos comentarios feitos por J. J. Moralejo Álvarez (para as ?versións? do grego) e por Enrique Montero Cartelle (para as latinas)? R.? Non sei onde demo puxen este libro. Agradeceríache que me envíes xerocopia dos artigos. Boteille unha ollada lixeira a todo o tomo cando apareceu. O volume aludido é Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento (Universidade de Santiago de Compostela, 1977), e os artigos son: ?As paráfrasis do grego en Cabanillas? (de J. J. Moralejo Álvarez) e ?La adaptación de los poetas latinos en Ramón Cabanillas? (de E. Montero Cartelle). Sobre as versións latinas (centrándose, sobre todo, en Marcial), Montero Cartelle opina: ?... mientras en la mayoría de sus poemas su fidelidad al texto es asombrosa para el que confronte a fondo el original, en otros ha dejado volar su imaginación de poeta enriqueciendo a menudo el texto con glosas y desarrollo del original. En un caso incluso, como aceptando el reto del texto de Marcial, nos ha regalado con dos versiones del mismo poema: el uno refleja escrupulosamente el texto original, (Mart. I, 28; p. 46); el otro recrea poéticamente el hecho con gran riqueza y colorido? (p. 55). Verbo das versións gregas, Moralejo Álvarez opina: ?Polo que sabemos dos seus estudios pouco debeu ser o grego aprendido e non temos noticia dunha ampliación posterior dos conocementos. Xa temos falado dunha sospeita nosa que explicaría a escolma; é ista: cicais non hai traducción directa sinón a traveso dun orixinal castelán; o orixinal grego puido estar presente e ter o seu rol, sen dúbida?. Logo engade: ?As paráfrasis están feitas a traveso dun intermediario que nunca é modelo: intermediario pra paráfrasis libres a mantenta. O intermediario é somentes un guieiro pra ter conocemento exacto do argumento dos orixinais?.
III
P. ? En carta a Francisco Fernández del Riego (Samos, 3081948), Cabanillas fai esta importantísima declaración11: ?Nos meus anos mozos, seminarista nugalleiro, coa cabeza ós paxaros, cando traguía nas mans decotío os autores latinos, a miña devoción polos poetas estaba somentes un degrau máis abaixo da dos santos. Horacio, que co seu 'sublimi feriam sidera vertice' e o fachendoso 'Exegi monumentum aere perennius' tense por irmán dos semideuses; Virxilio, un anaco máis apoucado, que no Fortunate ambo!, dempois de cantar as fazañas e a morte heroicas de Niso e Euríalo, concédelles a inmortalidade xunguida e condizoada á vida dos seus hexámetros, e Ovidio, co seu delirante 'Est deus in nobis', eran para min todo o que había de subrime e de grorioso?. ¿Eran estas ?e neste nivel? as admiracións en 1950? Sexa como for, ¿por que nos Versos de alleas... non tra
241
Nº 364