Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
o milleiral, o lume sin cardés, sin herba o gando e sin traballo o home Non se pode manter. Diravos, si, que é pouco canto gana prás arcas do señor e prás do Rei; ¡fai un mes que non comen cousa quente os fillos i a muller! (?A emigración?, vv. 1324, pp. 574575). ¡Ouh, Libertá sagrada, alba de groria pró oprimido mundo, dos pobos deseada que escravos viven en dolor profundo! ¡Esparexe, querida, de escura noite as tréboas cenicentas de verdugos e déspotas garida, e fuxan medoñentas, seguidas do seu lívido aparello, diante de ti as visiós do mundo vello! ? (?Alborada?, vv. 1019, pp. 547548).
En relación co terceiro (e último) código que nos interesa o código formal, hai que ter presente, no punto de partida, a consideración por parte do poeta, en razón dos seus supostos, do poema como signo ideolóxico (por riba, pois, da súa esteticidade), mais a asunción por consideralo o máis axeitado do dictado realista, ben idóneo para o vertemento discursivo e a eficacia receptora. Curros era xa o ten destacado a crítica poeta de ricas capacidades, bon manexador da versificación e da orquestración rítmica, hábil cos esquemas de construcción, con gran sentido da lingua, do poder da palabra. Nembargantes, o seu estilo ben singularizado vai estar marcado polo propósito da naturalidade, de modo que o artificio baleiro ou a afectación non atoparán emprego nel. Quérese dicir, o seu código tentará unha forma poética o máis transparente posible da función significativa, e na que os efectos de ?extrañamento? (propios da opacidade das mensaxes creativas), de sorpresa, sexan os mínimos necesarios. Dese xeito, baixo esa razón de estilo, o poema como signo ideolóxico poderá cumprir, coa súa transparencia, dúas finalidades esenciais (eficacia cara o
175
Nº 362