Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
rebeldía, é o que determina a modelización do código temático (ou literal). En razón desa modelización, tal código do que, en definitiva, arrinca a configuración do mundo representado mostra unha moi pechada articulación, un deseño moi firme, que pode quedar ilustrada segundo este esquema:
E1 (lobos da terra) TIRANÍA ?trabucos? rendas foros préstamos fisco pauliñas PATRIA escravos servos ilotas desterrados CADEAS E2 progreso (lobos do ceo)
F'
xustiza / liberdade
F ''
Dese cadro de campo temático que deixamos exemplificado pódese, á vez, desprender moi ben o seu funcionamento, isto é , a serie de relacións que lle dá sentido, e que, consecuentemente, bota luz clarificadora sobre os textos currosianos (composicións illadas e conxunto). Ó respecto, entón, tal cabería subliñar:
i) ii) Segundo se ve, o campo temático está artellado sobre dous eixes, e ten como núcleo fundamental de incidencia a ?patria? (?sólo unha Patria hai na vida?). O eixo primeiro (E1) deseña a forza da opresión, que exemplifica os seus axentes na imaxe ?lobos da terra / lobos do ceo?, e que ten concreta manifestación nos ?trabucos? (emblema de toda explotación), os ?préstamos?, o ?fisco?, etc. iii) Da acción desa forza todo tipo de ?tiranía? veñen as ?cadeas? como imaxe das víctimas (que sofren os signos da privación), e que converte ás xentes do noso pobo en ?escravos? ou ?desterrados?. Galicia, pois, como terra de ?servos?. iv) v) O eixo segundo (E2) debuxa, pola contra, as liñas de acción positiva nas que cumpre ter fe: dunha banda os dictados do progreso, de outra a xustiza e a liberdade. Xa que logo, nas mans dos ?escravos? concienciados e ergueitos como ?rebeldes?, no seu esforzo solidario, está a posibilidade de transformación, para que xustiza /
liberdade trunfen sobre a ?tiranía? (sexa en verdade forza liberadora, F'), e,
asimesmo, o progreso convértase nunha forza (F'') irradiadora de melloramento.
173
Nº 362