BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
de Literatura, nº 3, 1990, pp. 718, pois todos eses supostos son totalmente alleos á poética, á sensibilidade e á razón expresiva de Curros. Neste exemplo, en concreto, o marco escénico é de herdo e filtro romántico, o detallismo ?realista? na constelación dos atributos do personaxe couta calquera virtualidade simbólica, e, mesmo tamén, nada hai nel do ?espírito? de fin de século, de acentos decadentistas, ?pose melancólica?, etc. De outra volta, convén insistir en que os signos da modernidade a concepción asociativa da poesía e o sistema da lírica de tradición simbolista só chega á prosa lírica co grupo da vangarda (Manuel Antonio, Pimentel, Amado Carballo, Bouza\), aínda que ten iso si decisivo anuncio na Rosalía de Follas novas. Polo demáis, nin tan sequera Noriega ou Cabanillas son afíns ó grande tronco que se inza por Europa a partir do 1867. 19. En, respectivamente, Historia, ob. cit., pp. 359360, e estudio cit., pp. 309310. 20. Escribe neste sentido Carballo Calero, loc. cit., p. 360, n. 1: ?Cicáis ó feito de que a ?Cántiga? foi improvisada \(?\) débese certa incongruencia que se manifesta ao comparar entre sí as diversas estrofas. Na primeira, unha nena chora ?os desdés do ingrato galán?. Pero ?o probe infelís amador? que aparez na segunda, non somella merecer o título de ingrato, nen desdeñoso. A primeira estrofa parece unha cantiga de amigo na que se choran desdéns do amado. Mais na segunda, o mozo somella dabondo inocente, e máis ben arrincado pola
miseria dos brazos da namorada, e con moita morriña dela. \(O drama sicolóxico convírtese así en drama social\). Sólo diste xeito se esprica que na terceira estrofa se mencioen como escolios ?dun amor celestial verdadeiro?, unha cova nun outeiro a da rapariga e un cadavre no fondo do mar o de rapaz. Matounos, logo, a morriña. Eran perfeitos amantes. Os desdéns do principio resultan un motivo cego, abandonado e contradito no desenrolo ulterior da fábula?. Dende a nosa análise do texto e como quedou apuntado os ?desdés? \(sentirse abandonada nun estado de profunda confusión íntima\), a mágoa e as angustias de morte e maila morte (de amor) son fíos de axeitada coherencia no episodio, que se superpoñen e dominan sobre o motivo social. 21. Cfr., sobre este aspecto, o cap. 6 (Figuras pragmáticas\) do noso libro texto, ob. cit., especialEl mente pp. 75 e ss. 22. Vid. O estudio de X. Mª Paz Gago na súa edición do poema (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1998), 2 vols. 23. Vid. ?Situando O divino sainete?, limiar á súa edición da obra \(A Coruña: Ed. do Castro, 1969\) 24. Cfr. El. Camacho Guizado, La elegía funeral en la poesía española (Madrid: Gredos, 1969) 25. Para as cuestións métricas, cfr. o traballo de R. Carballo Calero, ?Catálogo de la métrica de Curros Enríquez como poeta gallego?, en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XVII, 4, 1952, pp. 351358. 26. Vid. o que ó respecto estudiamos en Luis Pimentel, ob. cit., especialmente pp. 1937.
Nº 362
198