Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Un enxalzamento que, máis alá dos tópicos atributos panexiristas dados á lingua, deixa moi nidiamente traslucir as razóns íntimas do seu emprego (e, de feito, do signo do seu canto como poeta), afincadas na procura da máis viva expresividade e da máis auténtica solidariedade. Subliña ó respecto Alonso Montero:
?Trátase de escribir na lengua ?enxebre?, ou seña, na lengua pura, na única capaz de captar un mundo que ó castelán se lle resistiría. Compre decir que as falas rexionales resucitan nun clima de sinceridade literaria en nome da cal prefírese o vivo da lengua inculta ó culto e traballado dunha lengua distante. (?) E o dioma, recalco, que matiza, precisa i entraña, aló onde o castelán somente acerca?11.
Para engadir de seguido:
?Cantar en Galicia en galego é cantar no idioma dos de abaixo, nun idioma proletario, nunha fala de parias. A poesía de Curros, tan vencellada ó sofremento e ás inquedanzas dos oprimidos ¿non gaña en solidaridade, en razóns morales, ó empregar o idioma destes a rexeitar o dos opresores??12
Polo demáis, o conflicto que se plantexa entre a súa elección (escribir no ?dialecto? patrio e ?nada máis para onha provincia?) e o que dicta a lei determinista do progreso (?todo tende a unidá?, (?)) resólvese nunha utopía (?ese idioma, compendio dos idiomas,/ (?) será o gallego?), maxia da ficción que tamén funciona, por riba dese dar acorde a contrarios, como procedemento de base hiperbólica que tenta fortalecer, fronte ás ameazas e os sinais de perigo que vive, a imaxe da fermosa lingua do país. A esa luz de defensa cabe entender na ?Introducción? estrofas como a que segue:
Ti non podes morrer? ¡Eso quixeran os desleigados que te escarneceron! mais ti non morrerás, Cristo das lenguas, non, ti non morrerás, ¡ouh Nazareno!. (pp. 328329)
Pasando ós outros eixes propios da escritura, cabe subliñar que a Terra como natureza, como pura paisaxe, desaparece da obra currosiana, dándose só, pola contra, a representación de Galicia a patria como pobo (Terra e home proxectados na Historia), como dramático ámbito de desfeita. A este respecto, e establecendo a diferenciación entre Rosalía e Curros na súa imaxe de Galicia, Ramón Piñeiro comentará ben atinadamente:
?Curros percibía clara e vivamente a dor do seu pobo. Tamén sentía, como Rosalía,
171
Nº 362