BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
(espírito da virilidade), e no que acadan gloria inmorredoira os aristoi (os máis valentes), sobre un país dorida imaxe da Terra degradado, espiritualmente morto, que nin tan siquera acerta a escoitar a voz dos seus profetas7. Fronte a estes dous tipos de estilización apuntados, Curros representa con Aires da miña terra unha ben diferenciada liña creadora, unha ben anovadora formulación da escritura socioantropolóxica, que coa súa obra ábrese a unha poética de razón cívica. Quérese dicir, a unha creación con base nunha vigorosa visión do mundo sempre zumegada polo sentimento da Terra que ven modelizada pola utopía progresista (cos seus fundamentos en principios moi da época, o determinismo positivista e o racionalismo radical ou revolucionario), e que acada axeitada expresión no dictado realista. Unha liña, xa que logo, que nos seus trazos de novidade queda así destacada por Carballo Calero8:
?Só un home moi seguro do idioma, moi convencido da oportunidade dos seus asuntos e cun conceito moi amplio da literatura galega, podía realizar en galego unha poesía cívica baseada en ideas xerás, e que, en conxunto, non tiña precedentes na nosa lírica. Amplióu, pois, Curros, os horizontes da poesía galega, dando ao idioma nadal isa proba de confianza que lle deron todos os grandes poetas, e desmentindo un dos primeiros os prexuicios disa caste de galegos, ao que semella aínda non estinta, que vincalla á temática o carácter galego da poesía, e quer confinala nos reducidos ámbitos de certos tópicos tradicionás?9
Pois ben, esta poética tan persoal e máis os principios subliñados, supoñen na creación currosiana o moi especial relevo do código ideolóxico, co conseguinte peculiar tratamento dos tres eixes lingua, Terra, home propios do que temos chamado escritura socioantropolóxica. Así, e por unha banda, Curros vai compartir con outros moitos autores con Rosalía e Pondal, por exemplo, o enxalzamento da lingua galega, que de xeito intenso e vizoso fai no poemapórtico (?Introducción?)10: Fala da miña nai, fala harmoñosa, en que o rogo dos tristes rube ó ceo i en que decende a prácida esperanza ós afogados e doridos peitos; ? Idioma en que garulan os paxaros, en que falan os ánxeles ós nenos, en que as fontes solouzan, e marmullan entre os follosos álbores os ventos; ? (pp. 325327)
Nº 362
170