Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Domingos, onde estaba instalado o Instituto de Segunda Enseñanza. No semanario tudense Tribuna infórmase, en 1934, sobre este novo Museo:
Llega a nosotros la noticia de que esta agrupación local de jóvenes bajo la dirección de nuestro distinguido amigo Manuel Fernández Costas está organizando un notable museo de arte y prehistoria. En él figuran ya curiosos útiles de piedra de las edades prehistóricas recogidos en La Guardia y Tuy por esta entusiasta agrupación ávida de cultura y saber, que tan bien dice de nuestra ciudad. Su labor es hasta ahora desconocida del pueblo tudense, que muy en breve podrá admirar el fruto de sus constantes excursiones y excavaciones, que por diversos lugares de este distrito vienen llevando a cabo.
A descrición dos contidos deste Museo figura nun traballo ata agora inédito, editado no libro Xosé María Álvarez Blázquez e Tui. Este inventario aproxímanos á importancia dos materiais, especialmente, de carácter arqueolóxico que este centro reuniu e organizou. Este Museo foi pechado cando o estoupido da Guerra Civil, ao ocupar as tropas militares as dependencias do Instituto no antigo convento de San Domingos. Posteriormente foron trasladados os materiais a un inmoble próximo. No ano 1937, Xosé María Álvarez Blázquez obtén permiso do alcalde tudense para revisar os materiais, comprobando que, pese á desaparición dunha parte, se conservaban daquela case integramente.
Los objetos contenidos en el Museo hubieron de ser trasladados a una ruinosa dependencia propiedad del Ayuntamiento. Autorizado amablemente por el Sr. Alcalde me hice cargo uno o dos años más tarde de aquello que era posible recuperar; el piso del local, lleno de agujeros que daban a un sótano insondable, se había tragado buena parte de las piezas hasta allí llevadas, pero aún asi tuve la fortuna de recuperar la mayoría y también las más interesantes.
Sospeito que parte deses materiais foron devoltos aos seus propietarios, pois eran depósitos realizados ao Museo, e logo chegaron a outros museos da nosa zona como o Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, ao que tantos desvelos entregou Xosé María Álvarez Blázquez, e onde hoxe podemos contemplar parte destes materiais doados polo propio Xosé María así coma no Museo Diocesano de Tui que exhibe outra escolma de fondos líticos entregados polo propio Álvarez Blázquez. A personalidade de Xosé María Álvarez Blázquez e o seu traballo consolidáno naqueles derradeiros anos da II República como unha voz tudense autorizada e así comeza a colaborar habitualmente en xornais e revistas sobre temas tudenses: Tribuna, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, etc. con artigos case sempre de corte histórico ou de opinión, pero que evidencian o importante papel que tiña recoñecido na nosa cidade. No curso 19351936 vai destinado, nun primeiro momento, á escola graduada da Guarda e a inicios do 1936 asume a escola de nenos do barrio das Olivas, en Tui, moi preto da casa familiar do Rollo. Participará activamente, como el rememorará andando os anos, na campaña para o referendo de aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia, celebrado a finais do mes de xuño.
233 Nº 369