Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
2 . A i r e s d a m i ñ a t e r r a : signos de protagonización e procesos actoriais Nun artigo publicado en El Porvenir (1883)14 sinalaba Curros, fiel ós supostos da súa poética, e a propósito da creación, que ?la forma subjetiva es una forma egoísta (?) y el poeta más que nadie se debe a la humanidad y al mundo que lo rodea?15. Tal non quere dicir, nembargantes, que non se dea na súa obra unha rica presencia do eu proxección fictiva do autor como figuración actorial, e mesmo asumindo diversidade de roles temáticos. Unha figuración do meirande relevo vai ser a do eu no rol cultural de poeta, importante porque, con ela, o noso autor explícita moi nidiamente a súa idea sobre a función do creador e sobre a función da propia poesía. Así, e xa na significativa ?Introducción? manifesta:
Non poder ser tampouco outra sorte: pasaron xa, para non volver, os tempos en que o lenguaxe era unha cifra máxica fácele sólo ó sacerdote hebreo. As xentes tristes que no verbo humano percuran os ideales que entreveron cando ó vate interrogan, novo oráculo, queren revelaciós, que non misterios. ? (vv. 916, pp. 321323)
Ese desbotar a palabra poética coma ?unha cifra máxica? que só acerta a interpretar o elixido, e a consideración imaxe do poeta como ?novo Oráculo? que debe levar función ?revelaciós? (fronte a ?misterios?) ás ?xentes tristes que no verbo humano / percuran os ideales?, é dicir, que arelan signos de conforto, ilustran moi ben, moi claramente, os principios que rexen a creación currosiana. Curiosamente, ademáis, esa imaxe e maila función marcan unha radical oposición coa representación mitificada do bardo tan cara a Pondal, en canto oráculo ó vello modo aparece nos seus atributos como posuidor dun especial carisma e portador dunha complexa mántica que, xustamente, o capacitan para recibir, interpretar e revelar os térata, os sinais do celeste, os signos proféticos. Relémbrense ó respecto estas dúas representativas mostras pondalianas16, tan opostas á actitude imaxe e función postulada por Curros:
Cal varios e radïoso de monte a monte está
177
Nº 362