Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Fustiga prós tiranos, prós déspotas argola, nela dormento o himno grorioso dos ilotas. ?
Ora ben, esa recorrente figuración do poeta na súa imaxe, na súa función non deixa de estar respondendo a uns determinados modos de mitificación coa súa orixe na visión romántica (signos de divinización), certo que, nel e agora, ó servicio da poética de razón cívica e vencellada ó misionalismo social. E tal se ve, por exemplo, en dous trazos da constelación de atributos que lle dá representación; dunha banda, ó facerse intérprete dese ?himno dos ilotas? identificación moral cos oprimidos e erguerse, o escolleito e ?rebelde?, como portador dunha mensaxe redentora, dunha nova que trae a redención dos servos, posuidor, xa que logo, dunha palabra un canto que a todos arrastrará (¡e que todos celebrarán!):
Detrás de min, quizaies, o día que mas oian, como detrás de Cristo virán as xentes todas, ¡Hosanna, cantando de xúbilo cheos hosanna ó poeta que trai a boa nova! (?Encomenda?, p. 589)
De outra banda, a mitificación do poeta ten, tamén, un contrapunto dramático, pois esa entrega ós desposeídos e ese erguerse sobre o mundo portador da palabra redentora (o poeta, apóstolo da Liberdade), vaille traer, e mesmo desde os seus, incomprensións, sufrimentos, dores, inxustas actitudes en contra del, é dicir, vaille supor unha especie de moi dorido signo sacrificial ou martirial. Así dirá en ?Ao Pobo cruñés?:
E? ¿quen son eu? Un poeta, ou, como quen di, un páxaro a quen tallaron o bico cando empezaba o seu canto; e que, dende aquela, mudo, dos patrios eidos xotado, por longas terras e mares arrastra as aas sangrando. Un poeta a quen un día
179
Nº 362