BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre María Mariño no Día das Letras Galegas
Usa as palabras como etiquetas conceptuais, enlazadas polo tecido sintáctico máis simple, case imperceptible, e por veces desordenadas. En ocasións dá a impresión de ser a autora dun collage con retallos diversos ou un Gaudí compoñendo o seu mosaico con vistosas pezas orixinariamente inconexas. A sintaxe queda reducida ao papel do informe e insignificante cemento que une todas as pezas do mosaico: non importa a riqueza do seu abano de recursos, nin sequera importan as súas regras máis básicas; por contra, grande parte das imaxes máis impactantes de Mariño teñen que ver con esa ruptura do convencional, coa transgresión das esixencias que regulan o funcionamento das palabras dentro da cadea sintagmática (para tecer non se espera un OD pedra, pero o verbo cobra sentido nestes versos espléndidos: ?Pica o canteiro pedra, a que onte foi tecida na erguida voz do poeta?, PnT 38). Señor Presidente, Señores Académicos. Agradezo o privilexio de ocupar esta tribuna na compaña de dúas das voces máis poderosas da literatura galega moderna, dous compañeiros de corporación que admiro como persoas, como cidadáns galegos e como escritores. Déuseme a oportunidade de traer a este acto de homenaxe a María Mariño a voz dos lingüistas, moito máis modesta, non tan poderosa coma a dos poetas. Con ela, aproveitei para traer tamén a voz das mulleres, para salientar que todas e todos temos unha débeda contraída coas que andaron polo camiño cara á igualdade en tempos ben máis difíciles e complicados cós nosos. E tamén, como non, a voz mariñeira das Rías Baixas aos amados cumes do Courel. Moitas grazas.
Nº 368
118