BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre María Mariño no Día das Letras Galegas
o irmán), diminutivos en ?nciña (mañanciña, manciña) e plurais en ?ns (chans, seráns), con ausencia total dos courelaos en ?ois; o demostrativo aqués, que ben lembrarán de Rosalía; formas verbais en ?des (brilades, cantades, chegades, ditades, fiades...) e ?eches (ofreceches); o adverbio alá e non aló (?recólloas no pensamento, xa non pasan máis alá?, PnT 48); a contracción do adv. non co pronome acusativo (?mellor libro no leín? ['non o lin', PnT 19], ?Vou buscando, busco mañá e n'atopo, busco día e n'o vexo? ['non a atopo' e non o vexo', VqC 37]; uso de lle para singular e plural (?Os cantores esquecen o seu día e dóense do que saben que lle chega?, PnT 90]; variantes formais distintas das orientais (arrecender, no Courel 'recender'; cuncha, aquí 'concha'; eira, aquí 'aira'); léxico tipicamente occidental ou, máis concretamente, da súa bisbarra (meniña, no Courel 'neniña'; nai 'mai', fieito 'fento ou felgo', lumeiro 'fogueira de San Xoán', arrolar 'botar a rebullois', picaño 'folla do piñeiro', néboa 'nebra'); etcétera. Como é de esperar nunha persoa da súa sensibilidade, ávida de recursos e de achegas culturais, non é impermeable a formas que lle chegarían a través da lingua escrita, directamente ou a través de Novoneyra (aas, arbre, bosco, brilar), e moito menos á fala desta terra montañesa onde medra como poeta e onde se desenvolve como persoa. E, en efecto, de cando en vez atopamos pinceladas courelás salferindo a súa lingua, como tein 'teñen', bon, il e aquil, algús e cás (os 'cans' da noite courelá), a luguesa interx. ouh, a terminación ?ín (camín, corpín)..., mais só a conx. i ante vogal, ben diferenciada de e ante consoante, alcanza carácter de permanencia ou normalidade. Onde máis se nota a influencia courelá é no léxico, sobre todo no referido a esta natureza e esta paisaxe, tan afastada das súas evocacións noiesas: as flairas, que entran con Novoneyra no galego escrito (sen moitos máis testemuños cós del, do meu compañeiro Darío e do meu paisano Cuña Novás, que tantos seráns comparteu con Uxío no Courel), as pinguadas, niadas, mofo 'musgo', pincheira 'cadoiro, pequena cascada', nebra 'néboa', calella, cinsa, mallega...; probablemente sexan tamén aprendidas aquí aiga, coio (Noia 'croio'), esquecer (Noia 'esquencer'). Pero non por iso deixa de ser unha noiesa do Courel. O seu galego ten fondas raiceiras na lingua popular, porque María Mariño é verdadeiramente galegofalante, unha característica patente tamén na súa obra castelá, sobre todo na prosa, onde trasloce de contino o substrato galego. Non se entenda que me uno aos que consideran que a súa é unha escrita con vontade de trasladar ao papel unha lingua de base dialectal para acentuar o seu carácter de espontaneidade popular, de flor ventureira. Nada máis lonxe diso: a súa lingua poética ten personalidade propia ?e características sinaladas por todos os estudosos? que a afastan do galego espontáneo, aínda que está fondamente arraizada nel. ?Dinamiteira da fala, preme, rompe, comba, bate a sintaxe tradicional?. Uso do novo as palabras do poeta porque non son quen de describir de forma mellor axustada o trazo máis singular do galego escrito por María Mariño. Ora ben, non seriamos xustos con ela se nos quedásemos cunha imaxe destrutiva, porque o realmente sorprendente ?e saliento o factor da sorpresa, do abraio, do
Nº 368 116