Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
BIBLIOGRAFÍA
ALONSO MONTERO, Xesús (1994): 'Cincuentenario de Correo Literario. Prólogo á edición facsímile cun 'apéndice para argentinos', en Correo Literario. Edición facsimilar, A Coruña, Ediciós do Castro. AXEITOS, Xosé Luís (2005): Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela, A Coruña, Ediciós do Castro. LÖWY, Michael (2005): A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo, Compostela, Edicións Laiovento. MACHADO, Antonio (2001): Juan de Mairena, Madrid. MOLINA, César Antonio (1989): Prensa literaria en Galicia, Vigo, Edicións Xerais de Galicia. PÉREZ RODRÍGUEZ, María Antonia (2005): 'Estudo introdutorio', en Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires, Compostela, Consello da Cultura Galega. SADOUL, George (1977): Diccionario del cine. Cineastas, Madrid, Ediciones Istmo. SAID, Edward W. (2005): Reflexiones sobre el exilio. Ensayos literarios y culturales, Barcelona, Editorial Debate. SALGADO, Daniel (2005): 'A poesía e o Correo Literario. Aspectos', en Día das Letras Galegas 2005. Lorenzo Varela, Compostela, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. SALGADO, Fernando (2005): Lorenzo Varela: A voz desterrada, A Coruña, Ediciós do Castro. SEOANE, Luís (1979): limiar a Homaxes, de Lorenzo Varela, A Coruña, Ediciós do Castro. SWIFT, Jonathan (2001): Ensaios, sátiras e aforismos, Compostela, Edicións Laiovento. VÉLEZ DE GUEVARA, Luis (1999): El diablo Cojuelo, edición de Ramón Valdés e estudo preliminar de Blanca Periñán, Bercelona: Editorial Crítica, colección Biblioteca Clásica.
NOTAS
1 O título orixinal da fita é Spanish Earth e data de 1937. O presidente de Estados Unidos naquela altura, F.D. Roosevelt, declarou que Terra española era ?o filme que todo o mundo debe ver?. Entre os buques que evacuaron republicanos refuxiados cara ás Américas, maiormente cara a México, salientan as mitoloxías creadas arredor do Winnipeg e do Sinaia. O Winnipeg botouse ao mar grazas a unha xestión de Pablo Neruda, daquela cónsul de Chile en París, mentres que no Sinaia, onde viaxou Lorenzo Varela e que arribou en Veracruz, se chegou a editar un xornal. Algúns intelectuais mexicanos chegaron a se enfrontar cos republicanos españois en agres episodios. Lorenzo Varela trocou México por Buenos Aires como lugar de exilio a causa dunha destas liortas. Todo relacionado, de certo xeito, coa experiencia de Romance. Vid. Salgado, Fernando, 2005, capítulos XIII ('Romance') e XIV ('Guerra literaria') . Escrito maiormente en México mais publicado en Buenos Aires, cunha tiraxe de 1100 exemplares, na colección Pomba, da editorial Nova. A edición, cun limiar de Rafael Dieste, estivo ao coidado de Luís Seoane, quen tamén dirixía a empresa. 6 Para unha descrición máis polo miúdo da peripecia editorial da revista, vid. Salgado, Daniel, 2005 e tamén Pérez Rodríguez, María Antonia, 2005, páxinas 8095. 7 Un dos primeiros relatos editados por Cortázar viu luz no número 19 do Correo Literario: 'Bruja', despois recollido no libro La otra orilla. Vid. Salgado, Fernando, 2005, capítulo XXI ('Julio Cortázar'). 8 Vid. Pérez Rodríguez, María Antonia, 2005, páxinas 8095. 9 Pérez Rodríguez apunta unha inverosímil coincidencia, á mantenta do propio Varela, entre as iniciais do pseudónimo e o acrónimo das Forzas Armadas Revolucionarias: ?Este pseudónimo ten un acrónimo, FAR, que curiosamente se corresponde coas letras iniciais de Forzas Armadas Revolucionarias, unha coincidencia que non desbotamos que tivese en conta o noso poeta?. As FAR, amais, operaron anos máis logo. 10 'Ofrenda a los franceses', 'Atenas', 'Mujer del éxodo', 'Canciones a la victoria', 'A una lejana amiga', 'A Dolores Ibárruri, en Francia' e 'A
2
3
4
5
59
Nº 366