LECTURA MINIMAMENTE POLÍTICA DUN POEMA DE LORENZO VARELA APARENTEMENTE MOI POLÍTICO Xesús Alonso Montero
Refírome a un dos dez poemas de que consta o libro Lonxe, editado en Buenos Aires no ano 1954. Titulado ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?, está composto por dezanove versos, estes:
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! Facíamos un feixe de campos e de estrelas, e, ó pisar ise chao que latexaba, sentíamos subir pola sangue o misterio. O noso corpo era o camiño da maxia, a escada pola que viña a lúa, o zume de tódolos segredos, a canzón da herba que resucitou. E o mismo verme era unha folla leda, un mensaxeiro do sagrado alén. Morréchedes, matáronvos, deixáronme. Quedei eiquí, lonxe das vosas sombras. E gardo, coma un morto, no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás. ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo!
(Estamos ante un poema que ten sido recitado moitas veces pero que debera ser rezado, se se me permite a figura etimolóxica). Convén, para o meu obxectivo, que o lector desta composición, desta oración poética, repare ben no título: ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?. Un título tan explicativo e tan rotundo parece anunciar un poema de claro contido político, sobre todo para os lectores que teñan algunhas noticias da biografía do autor, un cidadán republicano e comunista que loitou na Guerra Civil española contra a inmundicia moral dos xenerais reaccionarios, contra a barbarie franquista. Por poucas noticias que o lector posúa, sabe que o autor do poema escribe desde lonxe, desde o exilio, dez, doce ou catorce anos despois da desfeita republicana. Un poema con este título, escrito por un autor destas características e nesas circunstancias, á forza fai pensar a moitos lectores que a composición vai ser ou unha denuncia da represión franquista ou un alegato contra esa represión, moi dolorosa para o noso
217 Nº 366