BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
fenomenicidade sincrónica, porque se o facemos tendo en conta a súa historicidade, é dicir, se o observamos diacronicamente aínda é posíbel que un texto producido sen intención ningunha de ficcionalidade poida converterse co paso do tempo en texto literario, pois sendo as verdades que circulan por unha sociedade constructos históricos dependentes da ideoloxía vixente, entendendo por ideoloxía aquí o sistema de ideas e crenzas, de mitos e coñecementos científicos, etc., que rexen a conducta dunha sociedade explicitamente nun casos, implicitamente noutros, parece bastante doado comprender que un texto que unha sociedade recibe como non literario pode devir en literario para sociedades diferentes no espacio ou no tempo, dende o momento en que estas poden proxectar sobre el discursos que fan do texto un obxecto ficcional ou estético fóra do ámbito das verdades vixentes. É como aquel ?licor dos países? que o Merlín de Cunqueiro esparexía sobre o mundo para o volver por un instante da cor que un quixese. Así as cousas, e unha vez admitida a posibilidade (máis ben a inevitabilidade) de que os textos non literarios boten man dos mesmos recursos que a literatura, a tan estendida oposición entre escritores e xornalistas, por exemplo, que tanto irrita en ocasións a uns e mailos outros, devén banal. O que ocorre é que a condición de escritor recoñéceselle socialmente tan só a quen se coloca da banda da ficcionalidade. Pero os mecanismos escriturais, os recursos formais que fan atractivo ou non atractivo un texto puramente informativo ou opinativo son os mesmos para ambas as dúas actividades, coa diferencia de que, por exemplo, no xornalismo serio (e non existe outro xornalismo que o serio) hai que andar sempre arredor da verdade e con documentación a man, mentres que a escritura considerada literaria confírelle estatuto de ficción a calquera elemento que manexe, aínda que sexa un documento da realidade, pois ao entrar no ámbito da literatura queda suspendida e sen pertinencia a condición dese documento como verdadeiro ou falso e pasa a ser tan ficticio como aqueloutros elementos tirados da inventiva de quen escribe. Ocorre en literatura o mesmo que nas artes plásticas, onde, por exemplo unha folla de xornal ou anaco de saco nunha colaxe, deixan de ser folla de xornal e anaco para entrar en relación con outros materiais que o integran na obra de arte. Ou os objet trouvé dos surrealistas ou os ready mades de Marcel Duchamp, que unha vez desprovistos da súa funcionalidade se converten en obras de arte, independentemente da función que realizaban na vida práctica. En definitiva, quen escribe faino cunha determinada intencionalidade e para iso coloca no seu texto certas claves indicativas de cómo cómpre descodificalo, pero ao final son decisivos para sancionar como literario ou non literario un texto tanto o soporte paratextual coma o propio lector, que, orientado polas indicacións que ese soporte lle brinda así como pola súa propia ideoloxía e enciclopedia interior, decidirá ou non practicar a epokhé e situarse ou non da banda da ficcionalidade. Por outra parte, da banda da instancia autorial, quen se dedique, por exemplo, ao xornalismo, á crítica literaria, ao memorialismo, á crónica ou á reportaxe, etc., debe ter recursos lingüísticos, literarios e culturais suficientes para que a súa visión das cousas se enriqueNº 364 190