Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
pp. 1426. 11 Citarei pola primeira edición da Editorial Ir Indo (Vigo, 1989). A primeira que se fixo en Edicións Xerais de Galicia (Vigo, 2003) reprodúcea con corrección das grallas que presentaba, mais tamén con certas variantes paratextuais nas que cómpre reparar algo, pois supoñen un reclamo cara a un tipo de lectores diferente ao que perfilara aquela editorial de acordo co propio autor. Naquela primeira edición, Nova crónica das Indias facía o número catro da colección ?Nabarquela?, pensada para un público infantil e/ou xuvenil e que arrastraba un tipo de ilustracións que desaparecen na edición de 2003, toda vez que a colorista e inxenua estampa da chegada das naves españolas aos mares americanos que Antón Pulido seleccionara para Ir Indo cámbiase agora por unha austera fotografía en branco e negro dunha rúa colombiana tirada por María Esteirán, e as anónimas ilustración que amenizaban o interior do libro para nenos, seica escolleitas polo propio autor, suprimíronse. Todo o cal indica que Xerais procura agora, fundalmente, un lectorado adulto, coido que con bo criterio (aínda que con reservas, como veremos máis adiante), pois, efectivamente o texto fica así menos pechado a pobilidades receptoras. A propia editorial Ir Indo fixo unha segunda edición en 1998 que presenta pequenas variantes respecto da primeira: aumentou o formato, corrixiu algunhas das grallas, alterou a estructura editorial e disposición das ilustracións, e colocou na cuberta un grabado que non estaba na edición príncipe, ademais de a cambiar para a colección de ?Narrativa? e polo tanto cunha intención semellante á de Xerais. 12 Este detalle da cursiva desaparece na citada edición de Xerais, razón pola que algo que funcionaba como paratexto queda inmerso no texto, alterando así a estructura editorial e, de paso, a estructura da obra, que ten como texto central tan só o referido ao universo americano recreado polo autor. Martín Veiga, que se fixou na tipografía cursiva, ve tamén nesta introducción un ?limiar? ou ?pórtico? dende o que se dá paso propiamente ás Crónicas. Vid. Martín Veiga, ?Un home fronte á vida. A Nova crónica das
13
14
15
16
17 18
19 20
21
Indias, en Antón Avilés de Taramancos, A Nosa Terra. Serie ?A Nosa Cultura?, nº 21, marzo de 2002, pp. 4854. ?A aí vou eu de quince anos, pantalón bombacho, a coñecer nos libros a rosa dos ventos, a agulla de marear e a rebelarme para sempre ata que os ósos novemente se deiten na quentura da terra e do meu peito naza o carballo sideral onde aniñen outra vez os ouriois? (p. 14). ?Epílogo?: ?O regreso de Ulises Fingal? (?Ulises Fingal bota unha ollada ao solar inmenso da Terra Nai?, p. 131. Na actualidade están cobrando novo interese os estudios sobre as Historias de Indias, verdadeiro xénero historiográfico diferenciado que ocupa a investigadores europeos e americanos. O nacemento da Literatura Colonial e o desenvolvemento da noción de suxeito colonial e do discurso da conquuista supuxo a revalorización de textos nos que hoxe en día se estudian, ademais das nocións tradicionais, a ideoloxía que os percorre, as tácticas de dominio e as incumbencias que supón a oposición entre cultura oral e cultura escrita, así como o cruce entre culturas. Vid., por exemplo, Juan Gil, Mitos y utopías del descubrimiento, 3 vols., Madrid: Alianza Editorial, 1989; C.P. Hart,?La crónica de Indias entre historia y ficción?, en Revista canadiense de Estudios Hispánicos, 15, 1991, pp. 503515; B. Pastor, Discursos narrativos de la conquista. Mitificación y emergencia, Hannover, NH: Ediciones del Norte, 2ª ed. 1988. Tomado do título homónimo dun libro do recoñecido valedor da causa indíxena Víctor Daniel Bonilla aparecido en Bogotá en 1968. Vid. ?Autopoética?, en Boletín galego de literatura, 3, maio 1990, p. 147. Vid. Walt Whitman, Canto a mí mismo y otros poemas, edición bilingüe, selección, traducción e prólogo de Jorge Luis Borges, epílogo de Aránzazu Usandizaga, ValenciaBarcelona: Círculo de lectores, 1997. Vid. ?Prólogo? a Obra viva. Vid. ?A contraluz. Urbano Lugrís? e ?Lugrís e Bergantiños?, Obra viva, pp. 70 e 83, respectivamente. Con esta carta ábrese a recompilación e escolma de prosas de Avilés de Taramancos que, baixo o coidado de Ana González Vázquez, editou Laiovento en 1992 co título de Obra viva.
201
Nº 362