Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ñada a revolución que fracasou coa derrota republicana. Este afastamento facíase equivalente xa en 1940 ao espazo da condenación, ao Hades onde se consome o exiliado en ?Éramos tres irmáns?: ?ieu lonxe, lonxe, lonxe, / ardendo esquí, no inferno? [Varela, 2000: 220]. En 1954 o afastamento é a condena e o lonxe é un nonlugar que vén condensar todos os niveis da unidade perdida, colectivos e individuais. O afastamento faise necesario para o recordo e o canto doce e mellorado dese lonxe; recordo e canto condenados, como o suxeito que canta e recorda, á sepultura do mar. O mar, en novo funcionamento oximorónico, é tanto liberdade como morte, spleen e ideal, realidade e desexo:
E vou, lonxe de vós, inda mais lonxe, Pra vos lembrar millor, mais docemente, O mesmo cun pandeiro que caíra, Baixara dando tombos Dende o berce do monte alboreado Ao cadalsito, xa sin fin, da mar: Lonxe de vós, inda mais lonxe. Lonxe. Lonxe [2000, 157]
Certo é que o mestre Baudelaire lle ensinara o alcance da contradición no seu peche a Les fleurs du mal con ?Le voyage?:
Mais les vrais voyageurs sont ceuxlà seuls qui partent Pour partir ; c?urs légers, semblables aux ballons, [?] Amer savoir, celui qu'on tire du voyage ! Le monde, monotone et petit, aujourd'hui, Hier, demain, toujours, nous fait voir notre image : Une oasis d'horreur dans un désert d'ennui ! Fautil partir ? rester' Si tu peux rester, reste ; Pars, s'il le faut. L'un court, et l'autre se tapit Pour tromper l'ennemi vigilant et funeste, Le Temps ! [?] O Mort, vieux capitaine, il est temps! levons l'ancre!
E igualmente certo é que en 1941 Varela seleccionaba un dos máis belos fragmentos dos ?Diarios íntimos? de Baudelaire: ?Esos hermosos y grandes navíos, imperceptiblemente mecidos sobre las aguas tranquilas; esos robustos navíos de aspecto ocioso y nostálgico, ¿no nos dicen, con lengua muda: cuando partimos hacia la felicidad??4. Os dous extremos, a viaxe do saber amargo, o do infierno, o horror e o tedio, e a constante aposta da viaxe non realizada que nos ha de levar á felicidade, foron vividos por Varela. E en ambos os casos, o fondo e misterioso Baudelaire foi un leal compañeiro de viaxe.
BIBLIOGRAFÍA
BAUDELAIRE, Charles (1941):, Trozos escogidos de los Diarios íntimos y de los Consejos a los jóvenes literatos, prólogo, selección e tradución de Lorenzo Varela, Ediciones Taller; integrado no número 12 de Taller. Poesía y crítica, México D.F. (xaneirofebreiro 1941), pp. 7981. BAUDELAIRE, Charles, Charles Baudelaire, prólogo, selección e tradución de Lorenzo Varela. Buenos Aires: Poseidón (Críticos e historiadores de arte, 2), 1943.
47
Nº 362