BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
?la única nobleza última del ser humano, el ser capaces de asumir el dolor de la existencia. Sólo así, por otra parte, con la experiencia de ese dolor de los desheredados cuyos suspiros confesó Marx estar oyendo, se podrá construir la nueva humanidad? [Varela, 2001, 158]. A dor é deste modo unha vía de concienciación que achega elementos á constitución futura dos homes, pois dálles conciencia de si mesmos, do que son e do seu destino. Se houbese que seleccionar un símbolo clave que una as poéticas de ambos os autores podería optarse polo do mar e as derivacións que del se desprenden ao asocialo co motivo da viaxe. Nun poema como ?Vino del mar? de Torres de amor desprégase o personaxe baudelairiano que fixo do mar espello da liberdade, da busca nos abismos interiores e da viaxe como un destino poético para aquel que vive condenado á eterna insatisfacción, ás leis do desexo e á busca, de antemán fracasada, do paraíso, da felicidade. ?¡Vino del marinero sin destino!? conclúe Varela este poema [Varela, 2000: 106], como ese ?homme libre, toujours tu chériras la mer!? de ?L'homme et la mer? de Baudelaire. O ?Soneto irregular? que se presenta uns cantos poemas despois colócanos en idénticas coordenadas: ?¡Salir, partir una mañana clara y tibia, / a mar adentro irse, más allá del mar! / Volver con unas flores desérticas de Libia // o no volver ya nunca del libre navegar. / ¡Oh, triste sed humana, una sed que se alivia / sólo si crece inagotablemente como el mar!? [Varela, 2000, 136]3. Trátase dunha sede metafísica, espiritual, como ben ás claras manifesta un dos seus máis memorables poemas, ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?: ?E gardo, coma un morto, / no centro do silenzo, da sede, da agonía, / o día que vos poda levar á sepultura / unha cesta de pombas e mazás? [Varela, 2000: 168]. En realidade, boa parte da poesía de Varela é unha ?invitación á viaxe?, a demostración dun desexo insatisfeito porque afecta as máis profundas das limitacións humanas: a perda da unidade e a morte. A similitude das solucións poéticas buscadas a esta cuestión, como os motivos do mar ou da infancia como espazos compensatorios, apuntan así mesmo cara ao autor francés. En ?M?sta et errabunda? Baudelaire consagra o mar como este espazo metafórico da viaxe, da fuxida e das contrariedades dun desexo sempre perseguido. O mar e o barco convértense nos correlatos das aspiracións interiores e proxectan a imaxe do poeta como ser especial, heroico; e é que para o heroe, escribe Benjamin, Baudelaire escruta ?un lugar de huida en la masa de la gran ciudad? [1980: 83].
La mer, la vaste mer, console nos labeurs ! Emporte moi, wagon ! enlèvemoi, frégate ! Loin ! loin ! ici la boue est faite de nos pleurs ! [?] Comme vous êtes loin, paradis parfumé, Où sous un clair azur tout n'est qu'amour et joie Où tout ce que l'on aime est digne d'être aimé, Où dans la volupté pure le c?ur se noie ! Comme vous êtes loin, paradis parfumé !
Por iso o afastamento de Varela é dobremente tráxico. Habitante dese afastamento, comprobou que el é tamén outra dimensión máis do inferno. O exilio do mundo ideal ao que está condenado o poeta, o mesmo que lle fai ansiar a viaxe, no seu caso concretouse en que a viaxe sexa a vivencia doutro exilio superposto. Un exilio de todo aquilo que era capaz de seguir aspirando á transformación mediante a destrución de polo menos algunhas barreiras que a realidade impón ao desexo, as posibilidades de que estaba pre
Nº 364
46