BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
tra na tradición moitos e variados precedentes. No seu texto sobre Seoane, Varela alude á percepción temporal como un proceso que evidencia a rotura e a sutura da analoxía e do ideal que, no caso especial dos poetas, outra vez nos fala desde a aseveración baudelairiana da modernidade. Os poetas intentan trasladar o tempo dunha experiencia primixenia na que ven ?lo antiguo y pasado en lo moderno y pasajero? [Varela, 2001: 147], pero dándose conta que ?registrar en su integridad este proceso? é algo imposible e que, ?melancólicamente?, só poden ?aceptar como un gracioso don, las briznas que nos sea permitido recoger del mismo? [Varela, 2001: 148]. Unha grandeza e limitación que Varela sitúa na propia esencia da linguaxe, onde por encima do ?ahora, o antes [?] hay un siempre o un jamás? [Varela, 2001: 148]. Pero o Tempo remite sen solución de continuidade a un Espazo, o de Galicia, e Galicia é un pobo e unha paisaxe que reproduce á súa vez esta complexa interrelación de experiencias pasadas, presentes e futuras que poden levarnos á unidade perdida e albiscada. Walter Benjamin considera que as correspondencias baudelairianas han de entenderse ?como una experiencia que busca establecerse al abrigo de toda crisis?, pero que esta experiencia sólo es posible ?en el ámbito del la cultura? [1980: 155] e, engadiriamos para o caso de Varela, no ámbito da memoria. Varela tamén defende unha lectura ampla do realismo que recolle un dos principais tributos da teoría romántica: o da imaxinación, usada neste caso para ampliar a concepción mimética do realismo. Mediante o comentario de Baudelaire, Varela critica as interpretacións naturalistas de Velázquez e súmase ao xuízo de ValleInclán sobre a pintura velazqueña como unha pintura metafísica: ?La imaginación de Velázquez es de tanto poder que ha llegado a reflejar la dinámica absoluta: de tanto movimiento, sus objetos están fijos en un espacio encantado, eterno. [?] ha pintado el color, el aire, la luz de las cosas que no se gastan. Ha pintado las horas que van a la eternidad? [Varela, 2001: 95]. Esta acertada descrición da idea valleinclaniana dunha unidade oximorónica onde a mobilidade remite á fixación quietista e viceversa é moi interesante para entender algunhas das combinacións que presentan os poemas de Varela. A imaxe que transmite a imaxinación está ?amparada por la inocencia y la memoria? [Varela, 2001: 95]. Inocencia e memoria son as fontes do contido de boa parte da súa poesía, esa inocencia e memoria asociadas sen ir máis lonxe tanto á recuperación do espazo galaico da infancia coma á experiencia da guerra. Ambas son construcións que, finalmente, conducen a unha unidade de dinámica absoluta que eterniza as ordes de experiencia recreadas sen negar as súas compoñentes eminentemente históricas e políticas, xa que ?sin imaginación no hay realidad?, é a imaxinación a que permite ?ese salto de lo natural a lo sobrenatural? que ensina a lección romántica [Varela, 2001: 96]. Esta idea debe moito ao escrito por Baudelaire, quen na súa reflexión crítica aúna algúns dos principais argumentos artísticos de Varela: exercicio da memoria, plasmación desa beleza que é moral e formalización non limitada a unha mimese realista. Por iso escribe Baudelaire que o recordo é ?el gran criterium del arte; el arte es una nemotecnia de lo bello: por lo tanto, la imitación exacta impide el recuerdo de lo bello? [Baudelaire, 1943: 76]. É neste tipo de conviccións onde encontramos argumentos que xustifican algunhas das derivacións do seu discurso poético cando o desengano político insinuado en 1945 se confirme e amplíe con outros acontecementos da súa biografía. En 1943, no seu comentario a Solo en el tiempo de González Carbalho, Varela considera moi válida unha opción que el mesmo adoptará en moitos dos seus poemas: a busca dunha eternidade perdida no ámbito mítico. Mito ao que se accede
Nº 364 44