Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ñamente animalizadas por las circunstancias [?]. El gran mérito de Goya consiste en crear lo monstruoso verosímil. Sus monstruos parecen viables, armónicos. Nadie ha tenido más audacia que él, en el sentido de lo absurdo posible. Todas sus contorsiones, sus rostros bestiales, sus andrajos diabólicos, están penetrados de humanidad. [Baudelaire, 1943: 183 e 185].
Varela retoma este xuízo en 1946 cando menciona que ?hay algo de crimen pasional [?] De crimen que redime, clarificador, esperanzado? [Varela, 2001: 139] no xenial aragonés, e cita as palabras que se acaban de reproducir de Baudelaire para concluír que ?esa mezcla de alegría y de horror? [Varela, 2001: 141] é o que máis se valora en Goya, posto que nela se descobre unha actitude esperanzada, moi próxima á esperanza fundada na desesperación de Malraux, xa que ?el horror de Goya está en vilo?, remite á humanidade e non á deshumanización. Baudelaire continuará sendo o corredor que conecte as distintas salas da tradición pictórica da arte do pasado e do presente. Seoane, publicado en 1948, é unha excelente demostración deste procedemento. Na súa presentación ao artista galego, Varela recorda o xuízo do francés acerca de Goya como ?un humorista tráxico? para recordarnos que Seoane ?es un humorista más cercano a la farsa y a la comedia, menos sombrío y desgarrado, más ganado por la compasión y por la esperanza? [Varela, 2001: 146]. A obra de Seoane, ademais, permite engarzar toda una serie de cuestións que teñen moito que ver coa busca desa harmonía contedora dos desequilibrios que define tanto a beleza como o humano. É ben sabida a importancia de Baudelaire na fixación para a poética simbolista do sistema de percepción analóxica que se herda do romanticismo. A pintura de Seoane fai evidente no acto de recepción dos seus cadros a indisolubilidade de ?la llamada realidad material, de la otra realidad, la realidad recóndita y última [?] la realidad del alma, de donde llega a nosotros el relámpago que nos hace amar la vida o condenarla y condenarnos? [Varela, 2001, 144]. Claro que esta percepción actualízase nesta pintura seleccionando unha tradición e unha topografía concretas, a da Idade Media e a de Galicia, que establecen un ámbito de comuñón:
Porque en los hijos de esta raza [?], hay un sentimiento de tal unidad con el mundo, de unidad del alma con las cosas, que sólo en esta unidad ven la única realidad posible. Y, de desmentirse ese sentimiento, de perderse esta unidad, queda el hombre sumido en una indecible desventura, en un quebranto sin esperanza, en una realidad desasistida de la fantasía. [?] Su alma participa del alma de las cosas, aún no está rota en su ser la unidad del mundo y la fantasía, de ?la realidad y el deseo? [145146].
Non é difícil presupoñer que esta profunda convicción de Varela parte das coñecidas ?Correspondances? de Baudelaire, definidas en varios lugares da súa produción como por exemplo nos seus textos dedicados a ?Victor Hugo? [Baudelaire, 1999: 228231] ou a ?Eugène Delacroix?, este último traducido por Varela en 1943 [Baudelaire, 1943: 156]. Para Baudelaire, a primeira condición para unha arte sa é a crenza na unidade integral, pero nel dáse a experiencia paradoxal dunha modernidade na que cohabitan ?Spleen et Idéal?, as dúas vocacións contraditorias da conciencia, como describe Claude Launay [1995: 4748], que determinan unha estética de loita de contrarios reflectida en procedementos estruturais que así mesmo atopamos na poesía de Varela. En tempos de profunda crise, e é un diagnóstico que Varela recupera con asiduidade, a busca ou a mención de espazos de compensación é un recurso xustificable que encon43 Nº 364