BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
ético, a crítica enténdese como unha ?cosa de guerra [?]. Tendremos que poner en ella el mismo arrojo, la misma voluntad, la misma pureza que al combatir, como si de las palabras que decimos dependiera el destino del hombre? [Varela, 2001: 92]. Varela amósase consciente tamén de que a arte como guerra supón unha toma de partido e, polo tanto, un exercicio político. De novo aí as palabras de Baudelaire están reafirmando este convencemento: ??para ser justa, es decir, para tener razón de ser, la crítica debe ser parcial, apasionada, política, esto es, debe hacerse desde un punto de vista exclusivo, pero desde el punto de vista que abra más horizontes? [Varela, 2001: 93]. Na significativa data de 1946, cando boa parte das esperanzas cifradas na resolución da segunda guerra mundial se estaban vendo lamentablemente frustradas, Varela escribe outra interesante análise centrada na figura de Murillo. Este ensaio formula un claro diálogo co de 1943 dedicado a Baudelaire e evidencia a relectura constante do poeta francés como un exercicio de autocrítica, pois Varela fálanos agora dun cambio de perspectiva, dunha evolución persoal: ?cuesta mucho llegar a saber que el camino más fácilmente brillante consiste en enfrentarse al arte como a un enemigo? [Varela, 2001: 122]. A actuación crítica anterior substituíse por outra na que ?el arte moderno y el arte antiguo [?] han cesado de estar en guerra, y ya se va viendo que hay en la historia del arte, como en la del espíritu y en la del hombre, desde luego, unas líneas generales de valor permanente? [Varela, 2001: 122123]. Esta reformulación non se fai a expensas da renuncia do sistema de Baudelaire, ben ao contrario. Para empezar, axústase á sanción que Baudelaire realiza da modernidad en ?El pintor de la vida moderna?: ?La modernité c'est la moitié d'art, d'ont l'autre moitié est l'éternel et l'immutable? [Baudelaire, 1976: 694]. A revisión do humanismo revolucionario, que se viña producindo durante os anos republicanos desde o núcleo e posteriores ramificacións dos integrantes de Hora de España, confirma a necesidade de atopar uns valores esenciais nestes tempos de disolución de ideais e crenzas absolutas. Sen o sistema crítico de Baudelaire non se daría a penetrante, e moderna, lectura da pintura de Murillo como captación de ?las flores del mal, y que quizás fue huyendo de ellas, así como quiso alcanzar las flores del bien que nos pinta en sus cuadros de santidad? [Varela, 2001: 128]. A oscilación entre santidade e pecado, a voluptuosidade e piedade da mirada do sevillano é de indubidable estirpe baudelairiana. Éo tamén a reseña destacada da súa traxectoria pictórica como busca do ?ideal? e da súa traxectoria vital como validación dun ?sentido moral? [Varela, 2001: 133134]; e éo, en suma, a predilección non polo Murillo relixioso, senón por ?o que se asoma a la calle sevillana y observa su donaire, sus peripecias, su recogida aventura? [Varela, 2001: 133], un Murillo flâneur que intúe que a medula da modernidade se atopa na captación da visión urbana e do espectáculo da súa vida nas rúas, a mesma que Walter Benjamin analizase maxistralmente en Baudelaire. Aquilo de que carece Murillo é o que Varela encontra noutros artistas como Velázquez ou Goya. Non casualmente Goya foi interpretado como padre da estética moderna ?a da beleza do mal, da dor, da fealdade, da noite?, grazas a Baudelaire. Do seguinte modo reivindícao Baudelaire en tradución de Varela:
Goya [?] ha unido a la alegría, a la jovialidad, a la sátira española del buen tiempo de Cervantes, un espíritu mucho más moderno o, al menos, que ha sido buscado mucho más en los tiempos modernos, el amor a lo inasible, el sentimiento de los contrastes violentos, de los temblores de la naturaleza y de las fisonomías humanas extra
Nº 364
42