MANUEL MURGUÍA
79
A propagación do Cristianismo tivo un efecto dobremente benéfico. Dunha banda, axudou decisivamente á disolución da decadente e inxusta sociedade romana e ó paso da escravitude á servidume. Doutra, afortalou o V olksgeist galego elevando a súa relixiosidade innata e primitiva a un nivel superior. Por certo que, ó contrario do que farán galeguistas posteriores, Murguía valora negativamente a herexía priscilianista e outras herexías da época porque, se ben eran ?signos de vitalidad de un país? e gracias a elas ?el mundo antiguo tenía fijos sus ojos en esta parte de la península?, implicaban a discordia entre os galegos (pp. 3647). En toda a Europa occidental, só Galicia e Armórica ofreceron resistencia ás invasións bárbaras, por mor da súa esencia celta. En pouco tempo, galaicos e suevos fan as paces, facilitadas pola conversión dos segundos ó cristianismo. Non obstante, Murguía non concede de momento á contribución sueva a importancia que lle atribuirá anos despois na configuración da nacionalidade galega. Iso si, salienta o feito de que con eles Galicia foi un reino independente e lamenta que a ?perfidia goda? de Leovixildo acabase con el. A dominación goda tampouco tivo maiores consecuencias, agás as transferencias de propiedade duns nobres a outros. Pero non alterou nin o carácter nin a sorte do pobo, que segue atado á servidume (pp. 4965). Os galegos son tamén os primeiros en resistilos musulmáns. Nin estes, que a penas pisaron chan galego, nin a chegada dos refuxiados do sur, contaminaron a pureza étnica da poboación. Principia así o Medievo dunha razapobo que, malia o tempo e os acontecementos, segue a ser para Murguía esencialmente idéntica á que atopou Décimo Junio Bruto cando levou por primeira vez as aguias romanas alén do Limia no 137 a. C. A visión murguiana dese Medievo está condicionada por tres actitudes: o seu convencemento de que foi daquela cando callaron definitivamente tódolos caracteres definidores da galeguidade; a súa frustración porque iso non levase á independencia política; e a súa hostilidade contra a nobreza, responsable maior na súa opinión de tal fracaso e de cantos males pasados e presentes sufriu o país. E así, na Alta Idade Media ?fue Galicia de los primeros pueblos que lograron constituirse en España?. E na época dourada do séculos XIXII ?á Galicia se debieron en parte, no solo la restauración, sino también los primeros pasos