MANUEL MURGUÍA
77
de inmobilidade e fragmentación particularizadora da historia, coexiste, de momento en pé de igualdade, un factor dinamizador e universalizador: as tensións sociais, ese ?problema social, que, como el caballo de Troya, encierra dentro de sí todos los problemas? (p. XV). E de feito, toda a súa primeira reconstrucción da historia de Galicia se articulará arredor da interacción entre os enfrontamentos de clase e a permanencia da etnicidade céltica orixinaria. Pero antes de entrar nesta cuestión convén deixar constancia dalgunhas fendas no que debería sela fe monolítica de todo bo progresista nas excelencias da sociedade burguesa e do seu futuro, fendas nas que percibimos a pegada da súa radicalidade ideolóxica nestes anos sesenta. Os ecos do 48 europeo e os resultados de trinta anos de liberalismo español saldados co predominio moderado inducen en Murguía unha crítica ás veces apocalíptica do mundo no que vive (p. XXV):
Corre hoy por el mundo una ráfaga de egoísmo que no nos permite dedicarnos á mas que á las cosas materiales, y se desprecia el pasado porque mas confiado y mas entusiasta, se sacrificó muchas veces por las cosas del espíritu [...] sobre los escombros de ese materialismo grosero que nos ha invadido, crecerá con doble fuerza aquella divina planta cuyos frutos son la poesía, el sentimiento, la abnegación y todas las virtudes de que se burlan los siglos encenagados por la carne. Ya se sienten, no lo dudeis, los rugidos de las hordas bárbaras que han de destruir el soberbio imperio de la clase media, desvanecida con los triunfos de la revolución, que ya no puede contener, por mas que lo pretenda. El proletariado que tuvo ya sus Gracos, espera que aparezca su Espartaco. A esa inconsciente muchedumbre ha encomendado aquel que rige los destinos del Universo, la regeneración moral de una sociedad que empieza a caer en la idolatría de los goces materiales.
INTERPRETACIÓN PROGRESISTA DA HISTORIA DE GALICIA A análise do concepto murguiano de Galicia nestes anos é imposible sen o previo coñecemento do esquema histórico que establece no seu ?Discurso Preliminar? e nas ?Consideraciones Generales? de 1865, polo que temos que resumilo nos seguintes parágrafos. Murguía parte de dúas premisas: a existencia do tronco ario ou indoeuropeo, teoría ?que en este siglo adelantó la lingüística de la manera maravillosa que sabemos?; e a raza como determinante principal da etnicidade. E para el hai razas superiores e razas inferiores. Os pobos arios, entre os que estaban os celtas, pertencían ás primeiras e, se ben ?es posible que gentes de raza inferior