76
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Dios que hizo al hombre un ser ondulante, no le habrá de dotar de una estéril inmutabilidad que sería su muerte? (1865a, pp. 1,5). Verbo da natureza desas leis evolutivas, Murguía debátese entre o seu progresismo ideolóxico de base e as esixencias derivadas da adopción dun determinado concepto xeral de nación. O primeiro faille crer que ?Nació el hombre y las leyes de la naturaleza hicieron de él un ser progresivo? (p. 2). As segundas minan a súa confianza no progreso garantido e lévano a contemplala posibilidade de que a historia se mova doutra maneira, quizais seguindo os c o r s i e ricorsi de Vico, pois se cadra a humanidade non progresou tanto como parece: ?El hombre de nuestros días no difiere gran cosa del de pasadas edades; que otros pensamientos le dominen, que le lleven otras corrientes, él irá siempre á su fin, él obedecerá á las leyes inmutables que rigen su existencia, ora gire en el fatídico círculo de Vico, ora ascienda de progreso en progreso á la ilimitada perfección? (p. XXI). No fondo Murguía empeza a inclinarse máis cara ó circo fatídico que cara á recta indefinidamente progresiva porque, de non facelo así, non podería postular cun mínimo de coherencia a continuidade básica da natureza humana nin, sobre todo, esa inmutabilidade ó longo dos séculos das esencias físicas e morais das razas, que será o eixo do seu concepto de nación. Para conxugala mutabilidade do devir histórico coa inmutabilidade das nacións usa, home do seu tempo, unha analoxía bioloxica, en nada incompatible coa súa alusión a Vico, e dinos que os pobos ?como las plantas, brotan de su gérmen, florecen en su día, dan sus frutos y sus perfumes y desaparecen dejando a los nuevos vástagos el trabajo de crecer, florecer, dar sus frutos y recorrer en fin ese círculo de hierro de la eterna transformación en que parece aprisionada la naturaleza? (p. 18). Noutras verbas, mentres un pobo pervive, perviven os seus caracteres definidores case sen cambios. E para reforzar máis esta idea sitúa esa pervivencia na herdanza física, na raza, que como veremos é para el o principal factor xenético da nacionalidade. E se ademais estamos a falar dunha raza superior, moito máis doado, pois ?era imposible que las razas destinadas a la conquista de la civilización, la abandonasen después de haber gustado sus primeros frutos? (p. 2). Pero o seu progresismo non retrocede totalmente, nin sequera neste nivel de máxima abstracción. En precario equilibrio con esa etnicidade racial, factor