MANUEL MURGUÍA
75
vincialista, Murguía acabe descartando definitivamente o ?método filosófico? (isto é, a visión racionalista do pasado) para historiar, o que nel case equivale a dicir para coñecela realidade humana, pois se ben ese método
nos ha parecido siempre el más justo y más adecuado a los tiempos presentes [...] no lo creemos tan necesario cuando se trata de historiar las escasas vicisitudes de un pueblo sin vida propia y sin acción directa sobre los demás. A esta clase de trabajos cuadra mejor aquel otro sistema, tal vez más verdadero que el puramente filosófico, que puso en práctica el tantas veces citado Thierry, pues conserva como ninguno el carácter peculiar del pueblo, de los individuos y de los sucesos de que el historiador va á ocuparse, y este es el que hemos adoptado [pp. XXIIXXIII].
Pero o estudio da historia, ademais das súas bondades epistemolóxicas, ten a virtude maior de achegar contidos positivos cos que edificala nosa concepción do mundo. E isto, en opinión de Murguía, esíxelle ó historiador un gran rigor no tratamento das informacións que lle chegan, para non enganarse e non enganalos demais. Por iso ataca a tódolos que non practican a ?sana crítica? de fábulas e falsidades nin basean a súa obra en documentos orixinais. Inspirado nestes principios introduce na historiografía galega unha renovación metodolóxica que, segundo A. Mato (1981, pp. 3950), o sitúa a medio camiño entre o romanticismo e o positivismo. Do primeiro ten o historicismo a ultranza, o pragmatismo ou uso da historia ó servicio dunha causa ideolóxica ?neste caso, o galeguismo?, o gusto por unha prosa literariamente atractiva e a consideración das lendas e tradicións populares como fontes válidas, aínda que necesitadas de crítica; do segundo, a necesidade de fundamentalo relato histórico nun traballo empírico serio e o afán por estar ó día sobre ?la marcha de las ciencias históricas en Europa?. De aquí as súas críticas a historiadores ideoloxicamente irmáns como Martínez Padín e, sobre todo, Vicetto. Na miña opinión, con esta combinación de principios, Murguía non fai senón seguir, a distancia, os pasos do historismus alemán, igual que fai a mellor historiografía española coetánea ou lixeiramente anterior (nomeadamente Modesto Lafuente). Por outra parte, concibe a historia da humanidade como un devir prefixado e rexido por leis que, en última instancia, dictou a divindade: ?Camina la humanidad por ocultos senderos al cumplimiento de sus destinos y obedece a la ley providencial que la rige [...] Todo en la naturaleza es mudable y cambia y