74
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Naturalmente, el está entre os primeiros, o que non lle impedirá buscar sempre no pasado as claves ou as analoxías que necesite para interpretar e valoralo presente. Este historicismo é tan forte que incluso chega a substituíla relixión como fonte de verdade e mesmo de autenticidade artística. E así (1860b), logo de advertir que a necesidade de crer, fondamente enraizada no espírito humano, non podía ser constrinxida por unha Igrexa institucionalizada, engade que o artista do século XIX ?sintiéndose falto de aquella fe religiosa que en otro tiempo inflamó las mentes de nuestros más grandes artistas [...] acudió a la historia en busca de nuevas inspiraciones más en consonancia con el espíritu del siglo?. Dende logo isto non o salva, senón todo o contrario, de caer no anacronismo, de proxectar sobre ese pasado valores, ideas, inquedanzas de total actualidade, como acontece con tódolos historiadores da época. De calquera xeito, o achegamento a esta etapa inicial da súa longa biografía intelectual pasa obrigadamente por contemplala súa concepción xeral da historia. CONCEPCIÓN XERAL DA HISTORIA Para empezar, Murguía (1865a, pp. XVIXX) fai unha inequívoca profesión de fe historicista e non oculta que o seu maior mestre é o historiador romántico Augustin Thierry, ?fundador de la nueva escuela histórica? en Francia, ó que eloxia arreo. Confesa tamén as influencias de Michelet, Macaulay, Amadeo Thierry, Guizot, Savigny e outros. E xustifica a súa opción historiográfica cun argumento gnoseolóxico: a historia, ?creación propia y original de nuestra época?, é indispensable para o coñecemento da realidade, entre outras cousas, porque impide os extravíos da soa razón. Latexa aquí unha crítica ó racionalismo ilustrado do XVIII que, non por máis parca cás estridentes de Faraldo, resulta menos contundente: ?...despojados los hombres [no século XIX] de las prevenciones que habían hecho injustos a los filósofos del siglo anterior, puede decirse que ninguna generación más apropósito que la actual para el estudio de la historia, pues ha madurado su razón en la desgracia y en el tumulto de las revoluciones? (pp. VII, XVI). De aquí que, logo dalgunhas vacilacións, nadas da tensión que el mesmo percibe entre a tradición filosófica do liberalismo e a recente incorporación do historicismo ó pensamento progresistapro