Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Sigo pensando que o influxo dos poetas do exilio sobre os poetas novos de España foi exiguo. Castellet adornou a súa antoloxía con cinco voces moi ilustres do desterro ó mesmo tempo que é un pouco inxusto con poetas como Antonio Aparicio, Pedro Garfias, José Herrera Petere, José Moreno Villa, José María Quiroga Pla, Juan Rejano e Arturo Serrano Plaja. E con Lorenzo Varela, cuxa ?Ofrenda a los franceses?, de 1944, convertiríase nunha páxina ilustre da antoloxía de Castellet.
NOTAS
1 Liber: de libros y libertades. Homenaje al librero Enrique Molist, Universidade da Coruña, 1999, pp. 111120. ?O soneto de 13 versos de Lorenzo Varela. Notas e documentos sobre a censura franquista (e fraguista) arredor de 1970?, Día das Letras Galegas. Lorenzo Varela 2005, Universidade de Santiago de Compostela, 2005, pp. 918. Ía ser publicada, en edición bilingüe, na colección El Bardo, de José Batlló. V. o meu prólogo (?Editar poesía civil en España no ano 1968?) a Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao País dos Ananos, Vigo, Xerais, 2004. ?O soneto...?, p. 18. A carta obra no Arquivo do Instituto Galego de Información, Fondo Lorenzo Varela. Isidro B(uenaventura) Maiztegui Pereiro, nado na Arxentina (Gualeguay, 1905) e fillo de galega, residía en Madrid desde 1952. Antes, dirixira coros galegos en Buenos Aires, onde era moi amigo, por afinidades ideolóxicas, do grupo esquerdista do café Tortoni (Seoane, Lorenzo Varela, Otero Espasandín...). Musicou, entre outros textos literarios, os Seis poemas galegos de García Lorca (Consello da Cultura Galega, 1995). Faleceu, ó ano seguinte, en Mar de Plata. Referencia clara a que a súa correspondencia cos exiliados era controlada pola Policía franquista. 8 9 10 11 Exiliados os tres; José Corrales Egea, en Francia. Non chegou a saír. Libro que tampouco chegou a publicarse. Lorenzo Varela, de 1962 a 1968, foi redactor da revista semanal Hora Once en Radio Excelsior (Buenos Aires). Buenos Aires, Editorial Nova, colección Pomba, 1942 (pról. de Rafael Dieste e ilustracións de Luís Seoane). Panorama de la poesía moderna española, Buenos Aires, Editorial Periplo, 1953, pp. 254255. (Este poema publicouse antes en La Nación, de Buenos Aires, o 14 de outubro de 1945. Dous anos despois xa figura na antoloxía porteña Poetas libres...). Edítao por primeira vez Luís Seoane en Homaxes, de Lorenzo Varela (Ediciós do Castro, 1979). En nota aclara o editor que o poema é inédito e que foi escrito ?arredor de 1960 co gallo da mostra de Laxeiro en Buenos Aires?. Seoane, en Homaxes (p. 83), non di explicitamente que fose inédito: ?Escrito en vísperas do pasamento en Buenos Aires do gran escritor castelán, 1963?. Refírese a Ramón (Gómez de la Serna). Escolma de poesía galega. IV. Os contemporáneos, Vigo, Galaxia, 1955 (antoloxía consultada editada por Francisco F. del Riego).
2
12
3
13
4 5 6
14
15
16
7
15
Nº 366