BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
Adriano del Valle, Joaquín de Entrambasaguas...). Trátase, en realidade, dunha réplica non sectaria a algunhas antoloxías feitas en España. No Panorama de Enrique Azcoaga, Lorenzo Varela está representado por tres poemas en castelán: ?Súplica a la libertad?, ?Soneto? (?¿Dónde canta ese pájaro...??) e ?A Perpetua, mi madre?. A escolla indica que Azcoaga non coñecía os catro poemas de María Pita e tres retratos medioevales, de 1944, ou, se os lera, non estimou representativo ofrecer algún deses textos. Na primeira antoloxía ?unilingüe? galega de Posguerra, de 1955, o noso poeta, de obra moi breve, está xenerosamente representado: os catro poemas de 1944 e catro dos dez publicados en Lonxe (1954)16. Supoño que o antólogo, Francisco Fernández del Riego, eludiu, por razóns políticocensorias, poemas como ?Manuel Ponte? e ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?. Das antoloxías ?bilingües? de Posguerra, a primeira que acolle un poema de Lorenzo Varela é a preparada por Benito Varela Jácome en 1953: Poetas gallegos (Santiago, Porto). Titúlase o texto ?De la muerte a tus labios?, procedente de Torres de amor. Figura no capítulo ?La lírica contemporánea. Poetas en castellano?. Na breve nota biobibliográfica, Varela Jácome non cita o poemario galego de 1944, en realidade descoñecido ou case descoñecido en Galicia naqueles anos. A primeira vez que un poema de Lorenzo Varela figura nunha escolma da poesía galega co texto no idioma orixinal e en castelán é na Antología de la poesía gallega contemporánea, que estivo ó coidado de Ramón González Alegre (Madrid, Adonais, 1959). O poema escolleito, ?María Balteira?. En 1960, José (sic) María Castellet publica unha antoloxía importante que, ademais, foi famosa e polémica: Veinte años de poesía española (19391959) (Barcelona, Seix Barral). Como é sabido, o antólogo pon o acento na poesía que responde a unha ?concepción histórica? (p. 16), a poesía de Gabriel Celaya, Blas de Otero, Ramón de Garciasol, Ángel González, Jesús López Pacheco..., amplamente representados no volume, que acolle cinco escritores do exilio: Rafael Alberti, Luis Cernuda, León Felipe, Jorge Guillén e Pedro Salinas. Non figura, nesta escolla, Lorenzo Varela, que, polas características da súa poesía e polo nivel dalgunhas páxinas, debería figurar. Todo fai supoñer que Castellet operou cun criterio externo, criterio que o leva a ofrecer poemas de escritores moi coñecidos e recoñecidos, de escritores consagrados. No estudo preliminar, o antólogo expón algo só, en parte, coincidente coa miña interpretación:
Por otra parte, surgieron los problemas de información y selección que presentaba la dispersión geográfica de nuestra poesía, es decir, la existencia de libros importantes, escritos y publicados fuera de España por los poetas ausentes de la patria desde la guerra civil. Su obra se había difundido en España ?e influido sobre los jóvenes poetas? de un modo fragmentario y desigual, desligada de la circunstancia histórica en la que los libros fueron escritos. El criterio seguido ha sido el de seleccionar aquellos autores cuyas obras han tenido, a mi entender, un influjo mayor en la poesía española de los últimos años... (p. 21).
Nº 366
14