Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4. SOBRE OUTRAS ANTOLOXÍAS POÉTICAS Sabido é que Lorenzo Varela está presente, moi presente, nas máis importantes colectáneas de poesía publicadas na España republicana durante a Guerra Civil: Poetas en la España leal (1937), Homenaje al poeta García Lorca contra su muerte (1937), Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales (1938)... Despois de 1939, os versos casteláns de Lorenzo Varela estarán presentes, na América hispana, nalgunhas escolmas importantes: en 1944 no Romancero general de la guerra española, compilado por Rafael Alberti (Buenos Aires, Patronato Hispano Argentino de Cultura), e, en 1947, nos Poetas libres de la España peregrina en América, en edición de Horacio Becco e Osvaldo Svanascinci (Buenos Aires, Editorial Ollantay). A máis importante das antoloxías é a xa citada de 1953, compilada, co título de Panorama de la poesía moderna española, por Enrique Azcoaga (Madrid, 19121985). Este escritor, exiliado en Buenos Aires, tivo, na capital arxentina, intensas relacións co grupo de exiliados galegos ?comunistas? (os do café Tortoni), relación intelectual que influíu sensiblemente na concepción e no contido do seu Panorama, insólito naquel tempo. Neste groso volume figuran poemas galegos de Amado Carballo, Manuel Antonio, Eduardo BlancoAmor, Álvaro Cunqueiro, José Otero Espasandín, Valentín PazAndrade, Manuel Prieto Marcos, Ricardo Carballo Calero, Luís Pimentel, Rafael Dieste, Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, Luís Seoane, Eliseo Alonso, Cuña Novás, Manuel María e Luz Pozo Garza. Algúns dos autores mencionados figuran, tamén, con textos en castelán (Dieste, Pimentel, Cunqueiro...). Dos poetas galegos en castelán hai unha mostra numerosa: Arturo Cuadrado, José María Castroviejo, Dictinio del Castillo, Francisco Leal Insua, Eduardo Moreiras, Ramón González Alegre, Rafael Melero... Neste grupo figura Aquilino Iglesia Alvariño, estrañamente, xa que era autor de dous libros en lingua galega; é menos sorprendente Celso Emilio Ferreiro, que, daquela, aínda non publicara o seu primeiro libro en galego (O soño sulagado, 1955). Noutros casos, o antólogo está moi ben informado, tanto que coñece poemas galegos de autores que nunca publicaran ?nin publicaron? un volume de poesía galega (Dieste, Otero Espasandín). Esta información débese á proximidade, en Buenos Aires, ós escritores antoloxizados ou a persoas a eles moi achegadas. Así se explica o capítulo dedicado a Valentín PazAndrade, encabezado con esta brevísima nota biobibliográfica: ?Nace en Pontevedra en 1900. Abogado. Se publican por primera vez sus versos. Reside en Vigo?. A continuación Enrique Azcoaga ofrece tres poemas: ?Labrador?, ?A voz do vento? e ?O río cego?. Azcoaga, por coherencia, inclúe no seu Panorama poetas de lingua catalana (Carles Riba, Salvador Espriu...), pero ofrécenolos só en versión castelá, que toma, tal como recoñece no prólogo, ?de Paulina Crusat y su reciente Antología?. Outra característica deste Panorama poético español é a presenza de escritores que, no seu día, puxeran as súas musas ó servizo da triste causa franquista (José María Pemán, Dionisio Ridruejo,
13 Nº 366