BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
3. OS OITO POEMAS DA ANTOLOXÍA FRUSTRADA MarraLópez, moi atento sempre, comunícalle a Lorenzo Varela o título dos poemas seus por el escolleitos, que son oito, conxunto ?que salió indemne del lápiz rojo?. Cinco ?aclaramos nós? proceden do libro Torres de amor, de 194212. Hai que supoñer que o primeiro dos mencionados tomouno do Panorama de Enrique Azcoaga13. Cabe sospeitar tamén que llo mandou o autor, que é o que fixo con ?Envío a Laxeiro en su pintura?14 e, moi probablemente, con ?Un nardo madrileño para Ramón?15. Dos poemas seleccionados por MarraLópez non todos son, politicamente, ?inocentes?. Sono, sen dúbida, os dedicados ó escritor Gómez de la Serna e ó pintor Laxeiro; en canto ós outros, ¿que diría o censor de turno destes versos do poema ?Súplica a la libertad?, título xa desacougante?:
Buscándote nacemos y hasta la muerte vamos detrás del resplandor de tu vestido; y nos acostumbramos, a veces, a tu olvido tan dolorosamente que gritamos tu nombre prohibido, y así nos consolamos si el eco nos devuelve tu sonido.
¿Que pensa un censor da época dun poema, escrito por un exiliado, que se titula ?Destierro? ou ?Siempre, España?? Poemas hai en que o título non antipredispón. É o caso de ?...Y yo sueño?, que, non obstante, finaliza con este verso, claramente metafórico:
Ahora es noche en España, amigos, y yo sueño.
Ata nun poema de título tan pouco político, ?Espada de amor?, hai versos nos que o poeta láiase por vivir lonxe das súas paisaxes:
¡Ay!, Catedral de Lugo, Puerta de Santiago, ¿qué haré yo sin veros, lejos, desterrado? [...] ¡Ay! Catedral de Lugo, ¡cómo amanecía! Por ella yo tengo, amigos, dolor, y por ella tengo espada de amor.
Neste poema, escrito, certamente, por un exiliado político, non hai referencias que teña que prohibir un censor de 1965, tolerante con composicións máis ?políticas?, pero que proban que o ano 1965 non era o ano 1939, o ano da Vitoria, vitoria que, 26 anos despois, os gobernantes administraban con man menos férrea. A tolerancia non alcanzaba ós dezaseis poemas que MarraLópez consideraba fundamentais e que pertencían a nomes moi ilustres do exilio (Luis Cernuda, Rafael Alberti, León Felipe...). Por ?culpa? deles non se publicou a Antología de la poesía española fuera de España.
Nº 366 12