Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Control ambiental do depósito do arquivo. Atención aos pedimentos dos académicos. Xestións das reproducións. Mantemento das bases de datos e das coleccións. 13. Estatísticas: un total de 97 usuarios, que, na súa maioría, visitaron o Arquivo pola maña excepto en febreiro e abril en que houbo máis usuarios durante a tarde. CONVENIOS, ACORDOS E CONTRATOS Durante o ano 2007 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de colaboración con distintas entidades co fin de desenvolver proxectos concretos: Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para o mantemento do Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega. Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para a organización da vixésima edición dos Cursos de verán de lingua galega para estranxeiros. Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para traballos de lexicografía e da gramática galega. Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para darlle continuidade ao equipo de traballo sociolingüístico. Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a informatización da biblioteca e o arquivo. Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Real Academia Galega para a produción de servizos e contidos web de interese galego. Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e a Real Academia Galega para a elaboración do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC Financiamento da edición do Boletín da Real Academia Galega, pola Fundación Rodríguez Iglesias e Hércules de Ediciones, S. L.
289 Nº 369