BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
3. 4.
Inventario do arquivo e do patrimonio artístico da RAG. Mantemento e actualización da información do Arquivo cara ao exterior (páx. web, censoguía, Xunta...). 5. Bases de datos coa información dos expedientes de doazóns e depósitos existentes desde 1906. 6. Descrición dos fondos documentais: Jesús Rodríguez López, Marcial del Adalid, E. Abente y Lago e remate do de Pardo Bazán. 7. Descrición dos fondos fotográficos: Samaniego, González de las Heras, Taracido Veiga, Villar Ponte, Mato Vizoso, Rey Escariz, BouzaBrey, Colección RAG. 8. Ordenación e descrición das novas coleccións da RAG: Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Francisca Herrera Garrido. 9. Creación e desenvolvemento da colección efémera. Nace dunha serie de pezas soltas, en principio ordenadas cos criterios da Biblioteca Nacional para o material menor. Deste xermolo nace a colección efémera que neste momento é unha colección aberta na que os ingresos son, na súa maioría, por compra. Comprende: felicitacións e recordatorios, menús, invitacións, homenaxes, tarxetas e prospectos comerciais, calendarios, programas, etiquetas e envoltorios, cromos, etc. 10. Instalación dos pergamiños restaurados en material de conservación libre de ácido. 11. Novas adquisicións: un total de 31 compras e 19 doazóns nas que destacan: Compra: Fondo Abente y Lago (dúas entregas). Fondo A. del Castillo. Fondo fotográfico Samaniego (100.000 fotografías en diferentes formatos: vidro, plástico, papel). Facturas, cartas mercantís, publicidade, etiquetas, cromos, accións antigas, carteis... de interese galego. Doazón: Reprodución de 15.000 papeletas do Fondo de Dámaso Alonso sobre a lingua dos Oscos doado pola RAE. Etiquetas de viños das adegas galegas doados polas propias adegas. Ms. de Murguía por J. J. Casal Prado. 12. Outras tarefas comúns: Atención ao usuario: presencial, telefónica, postal e correo electrónico.
Nº 369 288