Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4.
5.
6. 7. 8. 9.
tade de Farmacia (USC) organizada pola Universidade de Santiago de Compostela; e A nosa voz. Cen anos de himno, organizada pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. No apartado da catalogación e informatización dos fondos salientamos: 4.1. Incorporación de 900 volumes de monografías ao catálogo. 4.2. Rematouse coa catalogación da sección de publicacións periódicas cerradas non galegas situada nunha das salas do soto. Así pois queda rematada a catalogación retrospectiva da hemeroteca. Continuouse coa informatización dos primeiros libros de rexistro da biblioteca. Na actualidade estase a traballar co volume terceiro (dun total de catro). Xestión da base de datos de intercambios de publicacións entre diversas entidades. Revisión das distintas dependencias da biblioteca co obxecto de detectar posibles publicacións periódicas con destino a hemeroteca. Actualización do Índice en versión informática do Boletín da Real Academia Galega. Atención de usuarios (consultas telefónicas, por correo electrónico ou na propia sala de lectura): 9.1. Información bibliográfica. 9.2. Consulta e reprodución de fondos segundo a normativa. Este ano consultáronse 493 obras e realizáronse un total de 281 pedimentos de reprodución. 9.3. Tratamento informático destes datos de consulta e reprografía. Segue a incrementarse a consulta a distancia, tanto telefónica como por correo electrónico.
ARQUIVO Creado en 1905. Director: D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: 1. Cadro de clasificación do arquivo da RAG para a súa inclusión no sistema de xestión automatizada ALBALA como elemento fundamental de descrición. 2. Implantación do programa de xestión arquivística ALBALA que permite o acceso ?vía web? aos fondos da RAG.
287
Nº 369