BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
Tamén está no prelo o tomo III (Cartas a Murguía) da monumental correspondencia do noso primeiro historiador. Son un total de catrocentas cartas que corresponden á última etapa da súa vida. Réstalles ós editores, X. R. Barreiro e X. L. Axeitos, o tomo relativo ás cartas familiares que intercambiaron os distintos membros da familia. III. Sección de Literatura, creada en 1998. Director: D. Xesús Alonso Montero. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: En breve sairá do prelo un novo volume da colección Letras da Academia que recolle a obra poética de D. Antonio de la Iglesia. A edición da mesma é responsabilidade da profesora Saurin de la Iglesia. Deseguida acometerase un ambicioso proxecto para esta colección que contará coa colaboración dunha acreditada Fundación galega. Contempla o devandito proxecto a publicación dos numerosos inéditos que custodia a Academia e que se encargarán a distintos especialistas. Bibioteca e Hemeroteca Creadas en 1905. Director: D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos na Biblioteca e Hemeroteca: 1. Rexistro informatizado dos fondos bibliográficos que foron chegando ao longo do ano. Doazón: 733 volumes Intercambio: 395 volumes Compra: 374 volumes 2. Xestión dos diversos donativos efectuados dende a biblioteca a distintas institucións que así o solicitan con dous claros obxectivos: 2.1. Solidariedade con estas institucións. 2.2. Liberación de espazo útil nas nosas instalacións, posto que constitúe unha vía de saída para os numerosos fondos repetidos cos que contamos. No ano 2007 foron doados 492 volumes 3. No capítulo de saídas temporais de fondos destacamos a achega bibliográfica para as seguintes exposicións: Exposición Centenario Gran Hotel Hesperia La Toja, organizada por esta entidade; Cento cincuenta anos da Facul
Nº 369
286